Barre naceu en París o 3 de agosto de 1793.[2] A orde do seu primeiro e do seu segundo nome varía segundo as fontes, e adoita se "Jean-Jacques" nas publicacións relacionadas coa numismática e "Jacques Jean" nas de orientación filatélica.[3]
En 1919 participou na exposición do Salón de París con grande éxito cun cadro de medallas. Posteriormente foi un asiduo participante nestes salóns entre 1822 e 1846, onde amosou as súas medallas, cuños, retratos etc. Tamén participou nas exposicións anuais de Belas Artes de París.[4] A súa produción de medallas, varias delas de temática masónica, foi constante durante o seu período de actividade.[2][5][6]
En 1834 encomendóuselle o gravado dalgunhas probas para moedas a nome de Lois Filipe I (1830-1848), que finalmente non foron adoptadas.[4][7] Logo do falecemento en 1842 de Nicolas Pierre Tiolier, Barre foi designado para ocupar o seu posto como gravador xeral e, no exercicio do seu cargo, o rei Lois Filipe I encargoulle, entre outros traballos, unha serie de grandes retratos de numerosos membros da familia real reproducidos en medallóns de xeso.[8] Así emsmo, encargouse do deseño e a supervisión do gravado dun novo modelo de billetes de 500 e de 1.000 francos iniciado en 1842.[9]
Logo de se ter ocupado moi pouco das moedas durante a II República, agás a moeda de cinco francos retomada do tipo deseñado por Augustin Dupré, tivo que esperar á elección de Luís Napoleón Bonaparte (futuro Napoleón III) como presidente da República, en decembro de 1848, para que se lle encomende o gravado de cuños monetarios. Durante o curto período republicano antes do golpe de Estado do 2 de decembro de 1851, fixo o gravado das moedas de 5 francos e de 1 franco coa efixie espida de Luís Napoleón, que levaban nas lendas dos seus reversos a mención RÉPUBLIQUE FRANÇAISE.[14] E despois, proclamado o Imperio en 1852, gravou as mesmas moedas pero esta volta coas lendas NAPOLÉON III EMPEREUR no anverso e EMPIRE FRANÇAIS no reverso.[15]
Ademais de moedas francesas, Barre gravou tamén as moedas de 1 e de 2 céntimos de Suíza que se cuñaron entre 1850 e 1946, sobre deseños de Alexander Hutter.[17]
↑Fayette, C. (2003). Les billets de la Banque de France et du Trésor (1800-2002). C. Fayette Éd. ISBN 978-2951634312
↑Publicado en L'Illustration, 28 de outubro de 1848.
↑Barre, H. R. (1978). “Les Barre, graveurs généraux des Monnaies, créateurs des premiers timbres poste français et grecs”. En Le Club français de la médaille, Bulletin n° 61. 2º semestre. Páxinas 81-85.