Jean-Baptiste Barrière, nado o 2 de maio de 1707, e finado o 6 de xuño de 1747, foi un violonchelista e compositor francés. Naceu en Bordeos e morreu en París, con 40 anos de idade.
Carreira musical
Barrière estudou primeiro viola da gamba, e publicou un conxunto de sonatas. Porén, converteuse nun habilidoso violonchelista durante un período no que o cello gañaba popularidade sobre o viola da gamba en Francia, sendo máis tarde completamente substituída, como xa sucedera en Italia 40 anos antes. Deveu nun dos máis virtuosos cellistas do seu tempo.
Composicións
- Livre I de sonates pour violoncelle et basse continue (1733 París, dedicado ó Conde Guergolay, Señor de Trousily)
- Livre II de sonates pour violoncelle et la basse continue (1735 París, dedicado a Madame Jourdain)
- Livre III de sonates pour violoncelle et la basse continue (1739 París)
- Livre IV de sonates pour violoncelle et la basse continue (1740 París)
- Livre V Sonates pour le Pardessus de viole avec la Basse Continue
- Livre VI Sonates et Pieces pour le Clavecin (Harpsichord Sonatas)
Véxase tamén
Ligazóns externas