Jean-Baptiste Phạm Minh Mẫn (Gioan Baotixia Phạm Minh Mẫn), nado en Cà Mau o 5 de marzo de 1934, é un relixioso vietnamita, cardeal católico e arcebispo emérito da arquidocese de Cidade Ho Chi Minh.
Traxectoria
En 1946 entrou no seminario de Phnom Penh en Camboxa para volver a Vietnam en 1954 para estudar no seminario de Saigón filosofía e teoloxía. Foi profesor no instituto de Bạc Liêu entre 1957 e 1961, nese ano volveu a Saigón para proseguir os seus estudos de filosofía e teoloxía. En 1965 ordénase sacerdote e vai a Cân Tho como profesor do seu seminario. En 1968 o bispado enviouno a estudar na Universidade de Loyola nos Ánxeles, en 1971 volve a Vietnam e retoma as clases no seminario de Cân Tho. Despois do peche dos seminarios polas autoridades comunistas en 1976, Jean-Baptiste encargouse da formación sacerdotal. En 1988 cando o goberno autorizou a apertura dos seminarios foi elixido reitor do seminario de Cái Răng. En 1993 o papa Xoán Paulo II nomeouno bispo coadxuntor de Mỹ Tho e en 1998 arcebispo de Ho Chi Minh e en 2003 foi elevado a cardeal.