Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Jean Baptiste Perrin

Modelo:BiografíaJean Baptiste Perrin

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(fr) Jean Perrin Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento30 de setembro de 1870 Editar o valor en Wikidata
Lille (Francia) Editar o valor en Wikidata
Morte17 de abril de 1942 Editar o valor en Wikidata (71 anos)
Nova York (Estados Unidos de América) Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaPanteón de París (1948–) 48°50′46″N 2°20′46″L / 48.846198, 2.3461054 Editar o valor en Wikidata
238º Presidente Academia francesa das ciencias
1 de xaneiro de 1936 – 31 de decembro de 1936
← Pierre Augustin Dangeard (pt) TraducirEmmanuel Leclainche (pt) Traducir →
Presidente Société Française de Physique (en) Traducir
1 de xaneiro de 1929 – 31 de decembro de 1929 – Jules Lemoine (pt) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de París
École Normale Supérieure
Lycée Janson-de-Sailly (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Director de teseJules Violle (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFísica e ciencias físicas Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfísico, químico, compositor, profesor universitario, físico teórico Editar o valor en Wikidata
EmpregadorÉcole Normale Supérieure
Universidade de París Editar o valor en Wikidata
Membro de
Participou en
19213rd Solvay Conference on Physics (en) Traducir
19111st Solvay Conference on Physics (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
DoutorandoHoria Hulubei (en) Traducir, Yvette Cauchois e René Gosse (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeHenriette Perrin-Duportal Editar o valor en Wikidata
FillosAline Lapicque, Francis Henri Jean Siegfried Perrin Editar o valor en Wikidata
ParentesGeorges Lapicque, neto
David Perrin, neto Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Перрен Жан Батист)
Biblioteca dixital BEIC
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX965619 WikiTree: Perrin-3563 Find a Grave: 7510 Editar o valor en Wikidata
Jean Baptiste Perrin en 1927.

Jean Baptiste Perrin, nado en Lille o 30 de setembro de 1870 e finado en Nova York o 17 de abril de 1942, foi un físico-químico francés galardoado co Premio Nobel de Física en 1926.

Traxectoria

Cursou estudos na Escola Normal Superior de París, sendo posteriormente profesor da mesma desde 1891. En 1910 incorporouse á Universidade de París como profesor de físico-química, que dirixiu desde 1927 a 1940.

Durante a primeira guerra mundial serviu no exército francés. En 1923 foi elixido membro da Academia de Ciencias de Francia. En 1936 foi desigando subsecretario de Estado para asuntos científicos no Goberno da Fronte Popular de Léon Blum.

En 1940 trasladouse aos Estados Unidos, participando no movemento chamado Francia Libre e dirixiu o departamento científico da Escola Libre de Estudos Superiores de Nova York.

Foi o pai de Francis Perrin, tamén físico, especialista en fisión nuclear, quen dirixiu a Comisión para a Enerxía Atómica de Francia (CEA) de 1951 a 1970.

Jean Baptiste faleceu o 17 de abril de 1942 en Nova York, sendo transportadas as súas cinzas o 17 de novembro de 1948 ao Panteón de París.

Investigacións científicas

Primeira Conferencia Solvay de 1911. Podemos ver a Jean Baptiste Perrin situado á dereita de Marie Curie, reclinado sobre o seu brazo.

En 1895 demostrou que os raios catódicos estaban construídos con corpúsculos con carga eléctrica negativa. En 1908 calculou de forma exacta o número de Avogadro (número de moléculas contidas nun centímetro cúbico de gas en condicións normais). Tamén explicou a enerxía solar como consecuencia das reaccións termonucleares do hidróxeno.

Membro das Conferencias Solvay de 1911 e 1927, en 1926 foi galardoado co Premio Nobel de Física polos seus traballos relativos á discontinuidad da materia e polo descubrimento do equilibrio de sedimentación.

Obra

  • Les principes. Exposé de thermodynamique (1901)
  • Traité de chimie physique. Les principes (1903)
  • Les preuves de la réalité moléculaire (1911)
  • Les atomes (1913, 1936)
  • Matière et Lumière (1919)
  • Les éléments de la physique (1929)
  • L'orientation actuelle des sciences (1930)
  • Les formes chimiques de transition (1931)
  • La recherche scientifique (1933)
  • Grains de matière et grains de lumière (1935)
  • L'organisation de la recherche scientifique en France (1938)
  • À la surface des choses (1940-1941)
  • La science et l'espérance (1948)

Véxase tamén

Ligazóns externas

Kembali kehalaman sebelumnya