Jean Gratien Haritschelhar Duhalde, tamén Jean Haritxelhar Duhalde, nado en Saint-Étienne-de-Baïgorry (Baixa Navarra) o 13 de maio de 1923, e finado en Biarritz o 1 de setembro de 2013,[1] foi un lingüista e escritor francés en lingua éuscara.
Traxectoria
Foi profesor de éuscaro e literatura en éuscaro na Universidade de Bordeos. Membro da Real Academia da Lingua Vasca dende 1962, foi o presidente da institución entre 1988 e 2004.
Obras
- Le poète souletin Pierre Topet-Etxahun (1969)
- L'oeuvre poétique de Pierre Topet-Etxahun (1969)
- Étre basque (1983)
Notas