Jean Rochefort , nado en París o 29 de abril de 1930 e finado na mesma cidade o 9 de outubro de 2017 , foi un actor francés . Recibiu numerosos premios durante a súa carreira, incluído un César de Honra en 1999.
Nunha edición dos Premios César nos anos 80
Traxectoria
Jean Rochefort nos César 2011
Rochefort naceu en París de pai bretón e nai parisiense[ 1] e asistiu ao Instituto Pierre Corneille de Ruán .[ 2] [ 3] Con 19 anos entrou no Centro de Arte Dramática da rúa Blanche e posteriormente incorporouse ao Conservatorio Nacional. Traballou coa Compañía Grenier Hussenot como actor de teatro dende 1953 e durante sete anos.
Tras algúns papeis secundarios interpretou o seu primeiro papel importante no drama Les Feux de la chandeleur (1972) con Annie Girardot e Claude Jade . Nese filme interpretou un pai de 41 anos cunha familia de nenos adultos (a moza Claude Jade tiña xa 23 anos). Levaba bigote , a súa marca persoal, que só se quitou unha vez dende entón (en Ridicule , 1992). O mesmo ano apareceu tamén en Le Grand blond avec une chaussure noire , que tivo a súa continuación en Retour du grand blond (1974). Aumentou notablemente a súa popularidade ao protagonizar a comedia Un éléphant ça trompe énormément (1976).
Durante a rodaxe de Cartouche , descubriu a súa paixón polos cabalos e a equitación . Dende entón foi criador de cabalos e o propietario de Le Haras de Villequoy. A súa paixón levouno a ser comentarista dos Xogos Olímpicos de 2004 para a France Télévisions .[ 4] Gañou dous premios César , en 1976 ao mellor actor secundario por Que la fête commence e en 1978 ao mellor actor por Le Crabe-tambour .
Faleceu o 9 de outubro de 2017 aos 87 anos.[ 5]
Vida persoal
O 9 de xullo de 1952, Jean Rochefort casou con Élisabeth Marguerite Marie Camille Bardin en Saint-Lunaire, e divorciáronse en febreiro de 1960.[ 6] Ese mesmo ano, o 15 de xuño, casou en Varsovia con Aleksandra Moskwa,[ 6] con que tivo dous fillos, Marie (1962) e Julien (1965).[ 7] Coa actriz e cineasta Nicole Garcia , tivo outro fillo, Pierre . No seu segundo matrimonio con Françoise Vidal, tivo outros dous fillos, Louise (1990) e Clémence (1992).[ 8]
Filmografía
Notas
↑ "Généalogie de Jean Rochefort" . Généastar . Consultado o 30/11/2020 .
↑ "Lycée Pierre Corneille de Rouen - The Lycée Corneille of Rouen" . lgcorneille-lyc.spip.ac-rouen.fr .
↑ Lafitte, Jacques; Taylor, Stephen (1999). Qui est qui en France . J. Lafitte. p. 1471.
↑ « Mort de Jean Rochefort : une allure, un flegme, une carrière » , Fabien Randanne, 20 minutes .fr , 9 de outubro de 2017.
↑ "L’acteur Jean Rochefort est mort à 87 ans" . Le Monde (en francés ) . 9 de outubro de 2017. ISSN 1950-6244 . Consultado o 9 de outubro de 2017 .
↑ 6,0 6,1 "Acte de naissance" . CinéArtistes . Consultado o 16 de novembro de 2018 .
↑ "Jean Rochefort et ses cinq enfants : Qui sont les héritiers du grand acteur ?" . purepeople.com .
↑ Beckermann, Sasha (2015-08-06). "Jean Rochefort : "Je regrette d'avoir été un mauvais père" [Photos] - Télé Star" . Téléstar .fr (en francés ) . Consultado o 2019-05-17 .
↑ "Le soleil dans l'oeil" . Consultado o 2012-09-02 .
↑ "Fort-du-fou" . Consultado o 2012-09-02 .
↑ "Symphonie pour un massacre" . Consultado o 2012-09-02 .
↑ "L'oeuf" . Consultado o 2012-03-09 .
↑ "Le Diable dans la boîte" . Consultado o 2012-03-09 .
↑ "Grandison" . Consultado o 2012-03-09 .
↑ "Un dimanche de flic" . Consultado o 2012-03-09 .
↑ "Sortüz egy fekete bivalyért" . Consultado o 2012-03-09 .
↑ "l'Atlantide" . Consultado o 2012-03-09 .
↑ "La prossima volta il fuoco" . Consultado o 2012-03-09 .
↑ "Tom est tout seul" . Consultado o 2012-03-09 .
↑ "Palace (1995)" . Consultado o 2012-03-09 .
↑ "Le serpent a mangé la grenouille" . Consultado o 2012-03-09 .
↑ "Le Comte de Monme Cristo" . Consultado o 2012-03-09 .
↑ "El viento se llevó lo qué" . Consultado o 2012-03-09 .
↑ "Honolulu Baby" . Consultado o 2012-03-09 .
↑ "La Vie sans secret de Walter Nions" . Consultado o 2012-03-09 .
Véxase tamén
Bibliografía
Jean-Philippe Guerand, Jean Rochefort, prince sans rire , Robert Laffont, 2018, 616 p.et le placard en 2000
Clémence Rochefort, Papa , (préface Jean-Paul Belmondo), Ed; Plon, 2020, ISBN 2259284248
Ligazóns externas