Jesús Folgar Calvo, nado o 8 de decembro de 1903[1] e finado en Santiago de Compostela o 17 de xullo de 1980, foi un mestre e xornalista galego.
Traxectoria
Afiliado ao PSOE, foi vicesecretario da Federación de entidades socialistas agrarias y marineras da Comarca de Compostela e dirixiu o semanario Trabajo en xullo de 1931.[2] Foi mestre no Carballal dende 1931. No franquismo continuou como mestre do Carballal. Finou en Santiago de Compostela con 76 anos.[3]
Vida persoal
Casou con Pilar López Pose en 1930,[4] e foi pai de Joaquín e Carlos Folgar López.
Notas
- ↑ Primer escalafón de maestros de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933. Madrid: Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes. 1934. p. 74.
- ↑ El Compostelano , 3-7-1931, p. 1.
- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 17-7-1980, p. 56.
- ↑ Vida Gallega, 30-10-1930, p. 47.