Jesús de Miguel Alameda, nado en Madrid o 21 de setembro de 1996, é un futbolista español que xoga como dianteiro no Castellón da Primeira División RFEF.
Traxectoria
Formouse como futbolista na canteira do Leganés e na tempada 2015/16 debutou co Leganés B na Terceira División. En 2017 fichou polo Internacional de Madrid, tamén da Terceira División, co que marcou nove goles en 33 partidos, sendo clave no ascenso do seu equipo á Segunda División B .
Para a tempada 2018/19 fichou polo Fuenlabrada, tamén en Segunda B, equipo co que disputou a primeira volta, saíndo cedido na segunda ao Unión Adarve. En 2019 pasou ao Navalcarnero, co que marcou 12 goles en 29 partidos, un deles o do ascenso á Segunda B.
En 2021 fichou polo Unionistas da Primeira División RFEF, onde anotou 12 goles na súa primeira campaña. Iniciou a tempada 2022/23 nas filas do equipo salmantino, pero en xaneiro de 2023 foi traspasado ao Castellón, da mesma categoría.[1] Marcou catro goles no que quedaba de tempada regular e outros dous na promoción de ascenso, pero o seu equipo caeu eliminado na final ante o Alcorcón. Na tempada 2023/24 anotou 16 tantos, sendo o máximo goleador do Grupo II, e contribuíu de xeito destacado ao ascenso do seu equipo como campión de grupo.[2]
Palmarés
- Fuenlabrada
- Castellón
Notas