Jet Time A/S é unha aeroliña danesa que opera voos regulares e chárter. Ten a súa sede en Kastrup, no municipio de Tårnby,[1] e a súa base principal está no aeroporto de Copenhague-Kastrup.
A aeroliña fundouna un grupo de investidores daneses e realizou o seu primeiro voo o 19 de setembro de 2006
Operacións
Jet Time opera voos de pasaxeiros e de carga por toda Europa e chárter alugados para aeroliñas regulares (Air Greenland, Scandinavian Airlines ou Norwegian Air Shuttle entro outras). Tamén realiza chárters VIP para clientes como Volkswagen, Mercedes-Benz, FC Copenhagen, Rosenborg BK ou Malmö FF.
En decembro de 2016 anunciouse que Jet Time e Scandinavian Airlines remataban o seu contrato para operar oito ATR 72-600 a comezos de 2017 xa que SAS quería concentrarse en avións máis grandes.[2] Polo tanto os avións, relativamente novos, foron retirados por Jet Time.
Frota
En agosto de 2017 a frota de Jet Time estaba formada polos seguintes avións:
Véxase tamén
Ligazóns externas
Notas