John James, nado en Packwood (Warwickshire) o 10 de maio de 1914 e finado en Saint Julian's (Malta) o 27 de xaneiro de 2002 foi un piloto de automobilismo inglés.[1]
Traxectoria
Competiu nun Gran Premio do Campionato do Mundo de Fórmula 1. James era un enxeñeiro que adquiriu un Maserati 4CLT / 48, e participou no Gran Premio do Reino Unido de 1951,[2] retirándose a causa do radiador danado logo de 23 voltas.[3] Os cambios na regulación para 1952 limitaron o seu Maserati a competir só na Fórmula Libre e competiu en varias carreiras de velocidade antes de retirarse das carreiras.[3]
Resultados completos na Fórmula Un
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Notas
Véxase tamén