Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

John Smelcer

Modelo:BiografíaJohn Smelcer

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoxullo de 1963 Editar o valor en Wikidata (61 anos)
Actividade
Ocupaciónlingüista, novelista Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversity of Alaska Anchorage (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

John Elvis Smelcer, nado en 1963, é un escritor estadounidense en athna e inglés.

Traxectoria

Fillo de nai branca e pai parcialmente athna, estudou literatura e antropoloxía. En 1993 doutorouse en literatura comparada, foi profesor de inglés na Universidade de Alasca Anchorage e deu clases en diferentes universidades de todo o mundo, publicou The Raven and the Totem: Traditional Alaska Native Myths and Tales (1992)Durable Breath: Contemporary Native American Poetry (1994), unha escolma de poesía nativa norteamericana, A Cycle of Myths: Indian Myths from Southeast Alaska (1995), Tracks: New & Selected Poems (1997) con limiar de Carl Sagan, In the Shadows of Mountains (1997), rescritura de mitos athna cun limiar de Gary Snyder, en Day That Cries Forever (2006), recolle historias dos superviventes da vila de Chenega destruída por tres tsunamis durante o terremoto de 1964. A súa primeira novela, The Trap (2006), pertence á narrativa xuvenil e The Great Death (2009) constitúe a súa segunda novela.

Lingua athna

Interesado na lingua ahtna, afirma ser o falante máis novo da lingua, aprendéndoa dunha súa avoa[1] publicou en 1998 un dicionario, The Ahtna Noun Dictionary and Pronunciation Guide (1998), foi o primeiro autor literario en lingua athna cos volumes bilingües de poesía, Koht'aene kenaege': Poems in the Ahtna Indian language (1995), Songs from an outcast: poems (2001), Without reservation:new & selected poems (2003) e The Language Raven Gave Us e o libro infantil Walk about: Life in an Ahtna Athabaskan Village 1998. Desde 1995 é director executivo da Ahtna’s Heritage Foundation

Notas

  1. Prefacio a The Language Raven Gave Us

Véxase tamén

Ligazóns externas

Kembali kehalaman sebelumnya