Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Jorge Valín

Modelo:BiografíaJorge Valín
Nome orixinalJorge Valín Sánchez
Biografía
Nacemento7 de xaneiro de 2000 Editar o valor en Wikidata (24 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Altura1,80 m.
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoLateral dereito
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Deportivo Fabril

Jorge Valín Sánchez, nado na Coruña o 7 de xaneiro de 2000, é un futbolista galego, que xoga de lateral dereito no CF La Nucía, da Segunda División RFEF.

Traxectoria

No verán de 2014 foi fichado polo Deportivo da Coruña procedente do Victoria CF, incorporándose ao equipo cadete B da Liga Galega. Chegou ao Deportivo como extremo atrasando máis tarde a súa posición ata o lateral dereito.[1] Na tempada 2017–18, sendo aínda xuvenil, debutou co Fabril en Segunda División B, na oitava xornada do campionato, nunha vitoria fronte o Real Valladolid Promesas en Abegondo (1–0).[2]

O 31 de maio de 2019 renovou o seu contrato por dúas temporadas con opción de ampliación.[3]

O 13 de outubro de 2019 debutou co primeiro equipo do Deportivo da Coruña, nun partido de Segunda División contra a UD Las Palmas.[4] Foi no Estadio de Gran Canaria e xogou o partido completo.[5] Tras o descenso do Deportivo á Segunda B, Valín ascendeu definitivamente ao primeiro equipo para a tempada 2020/21, levando o dorsal número 2.[6] Disputou un total de 13 encontros de liga e debutou na Copa do Rei, nun encontro fronte ao Alavés.

Ao remate da competición tivo que pasar polo quirófano para operarse dun problema na cadeira.[7] A recuperación durou máis do esperado e non estivo plenamente recuperado ata decembro. Ao seu regreso ao equipo, a dura competencia polo posto, con ata tres laterais dereitos máis (Víctor García, Trilli e Alberto Benito), impediu que chegase a debutar na nova Primeira División RFEF, polo que en xaneiro saíu cedido ao Cornellà, da Segunda División RFEF.[8] Co equipo catalán loitou pola permanencia e disputou un total de 13 partidos, 5 deles como titular.

Ao remate da tempada desvencellouse do Deportivo, despois de oito anos no club, e asinou polo Numancia, da mesma categoría.[9] Co equipo soriano disputou 35 partidos, 23 deles como titular, pero acabou descendendo ao remate da tempada. Tras uns meses sen equipo, en decembro de 2023 asinou contrato co La Nucía, da Segunda División RFEF.[10]

Notas

  1. "Los refuerzos de la factoría Abegondo: Jorge Valín" (en castelán). 9 de xuño de 2020. Consultado o 26 de novembro de 2020. 
  2. Rosende, Carlos (23 de outubro de 2017). "Mujaid, tercer debutante juvenil en Segunda B" (en castelán). Consultado o 26 de novembro de 2020. 
  3. "Valín renova 2 temporadas co Fabril con opción de ampliación por parte do Club". Deportivo da Coruña. 31 de maio de 2019. 
  4. "Jorge Valín: “El partido de Las Palmas fue un sueño hecho realidad”". DxT Campeón (en castelán). 1 de abril de 2020. Consultado o 24 de xuño de 2020. 
  5. "Acta do UD Las Palmas - Deportivo de 2019". Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2020. Consultado o 24 de xuño de 2020. 
  6. "Dorsais do #DÉPOR para a Temporada 2020-2021". 6 de outubro de 2020. Consultado o 6 de outubro de 2020. 
  7. Palleiro, Armando (23 de outubro de 2021). "Jorge Valín recibe el alta médica tras un día muy ‘light’". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 3 de xaneiro de 2022. 
  8. "Jorge Valín se marcha cedido al UE Cornellá" (en castelán). 3 de xaneiro de 2022. Consultado o 3 de xaneiro de 2022. 
  9. "Jorge Valín ya tiene nuevo destino y seguirá en Primera RFEF" (en castelán). 12 de xullo de 2022. Consultado o 17 de xullo de 2022. 
  10. "Jorge Valín se incorpora a las filas del CF La Nucía" (en castelán). 13 de decembro de 2023. Consultado o 13 de xaneiro de 2024. 

Véxase tamén

Ligazóns externas

Kembali kehalaman sebelumnya