José Antonio Durán Rivas, nado o 29 de xuño de 1974 en Lugo é un adestrador de fútbol galego, que dende 2023 dirixe o Bergantiños.
Traxectoria
Debutou coma adestrador de fútbol facéndose cargo do primeiro equipo do CD Lugo mediada a tempada 2003-04 na Terceira División Española, en substitución de Quique Prado. Comezada a tempada seguinte fíxose cargo do CD Foz para tentar salvalo do descenso, obxectivo que non acadou e deixou o club a final de tempada.[1][2] Pouco despois fichou polo Viveiro CF de onde saíu ao acabar o curso tras desencontros coa directiva. En 2008 fichou outra vez polo CD Foz,[3] onde permaneceu até o final da temporada. Posteriormente exerce o cargo de adestrador nas categorías inferiores do Club Deportivo Lugo, até que en febreiro de 2016 se fixo cargo do primeiro equipo tras a renuncia de Luis Milla. A pesar de perder o seu primeiro partido como adestrador en Segunda División, tras conseguir unha xeira de tres vitorias e un empate recibiu o premio ao mellor adestrador da Liga Adelante do mes de marzo.[4] A final de temporada, tras conseguir a salvación do club, deixa o banco para volver formar parte do organigrama deportivo do Lugo.
Entre 2016 e 2020 adestrou o Polvorín, antes de marchar a Bélxica para dirixir o K. Rupel Boom F.C. da Nationale 1, primeira división afeccionada da liga belga.[5]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas