Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

José María Pereda Álvarez

Modelo:BiografíaJosé María Pereda Álvarez
Biografía
Nacemento12 de xullo de 1892 Editar o valor en Wikidata
Verín, España Editar o valor en Wikidata
Morte1960 Editar o valor en Wikidata (67/68 anos)
Verín, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre, xornalista, escritor Editar o valor en Wikidata

José María Pereda Álvarez, nado en Verín o 12 de xullo de 1892[1] e finado en 1960, foi un mestre, xornalista e escritor galego.

Traxectoria

Fillo de José Pereda, que foi xefe da Prisión de Verín. Estudou Maxisterio. Foi mestre en Porqueira (1914), Viveiro (dende 1922, onde foi director da Escola graduada, e foi nomeado concelleiro en 1927) e dende 1943 de Verín,[2] vila da que foi profesor da Academia Verinense. Colaborou en El Támega, El Eco de Monterrey, no Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos de Orense, e foi correspondente de Faro de Vigo en Verín. Galeguista, mantivo relación con Antón Vilar Ponte, Florentino López Cuevillas, Vicente Risco e colectivos na emigración. Escribiu o artigo "Aportaciones léxicas y folklóricas al estudio de la lengua gallega" (1953).

Obras

  • Aos contos, Lugo, 1930.
  • Casos y cosas.
  • En perro flaco.
  • Nuestra Señora de los Remedios.
  • Tiempos pretéritos.
  • Supersticiones en Tierra Gallega.

Notas

  1. Primer escalafón de maestros de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933. Madrid: Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes. 1934. p. 10. 
  2. El Progreso, 1-2-1943, p. 3.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Kembali kehalaman sebelumnya