Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

José Monegal

Modelo:BiografíaJosé Monegal

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) José Monegal Sorondo Editar o valor en Wikidata
25 de xullo de 1892 Editar o valor en Wikidata
Melo, Uruguai Editar o valor en Wikidata
Morte4 de novembro de 1968 Editar o valor en Wikidata (76 anos)
Montevideo, Uruguai Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, ilustrador, xornalista, escritor de contos Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoFábula e ensaio Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsCasiano Monegal Editar o valor en Wikidata

José Monegal Sorondo, nado en Melo o 25 de xullo de 1892 e finado en Montevideo o 4 de novembro de 1968, foi un escritor e xornalista uruguaio. A súa narrativa de xénero gauchesco transcorre no mundo rural do seu país, en particular na zona fronteiriza co Brasil.[1] Foi ademais o primeiro adestrador da historia do Deportivo da Coruña en 1926.

Traxectoria

Naceu en Melo, Cerro Largo, en 1892. Xunto co seu irmán Casiano "Cacho" Monegal (1888-1944) comezou como escritor no xornal El Deber Cívico fundado en 1885 polo seu pai, o xornalista local Cándido Monegal (1854-1941). A súa nai, Paula Sorondo, era mestra de primaria. Estudou guitarra española e na década de 1920 recibiu unha bolsa da administración municipal de Cerro Largo para continuar a súa formación en España.

No país europeo traballou como xornalista e como adestrador de fútbol. En 1925 dirixiu brevemente o Sporting de Gijón e pouco despois instalouse en Galicia, onde escribiu crónicas deportivas para El Ideal Gallego. En febreiro de 1926 foi nomeado adestrador do Deportivo da Coruña,[2] sendo a primeira persoa que ocupou o cargo de xeito exclusivo. Permaneceu no club só uns meses, dirixindo unha xeración de xogadores entre os que se atopaban futbolistas históricos como Isidro, Otero ou Ramón González. Ao mesmo tempo comezou a dedicarse ao debuxo e á pintura.[3] Só dous cadros seus se conservan en coleccións públicas e están no Museo Comarcal Cerro Largo, en Melo.[4]

De regreso no seu país, dirixiu o xornal familiar xunto con Julio Estavillo ata establecerse en Montevideo en 1945. Publicou no xornal El País unha serie de traballos sobre a historia do Partido Nacional, do que formou parte, e que foron recompilados no libro Esquema de la historia del Partido Nacional (1959). En 1942 publicara unha biografía de Aparicio Saravia.[4]

No suplemento dominical de El Día publicou entre 1950 e 1968 uns 350 relatos da súa autoría, ilustrados por el mesmo,[5] con temática rural, maioritariamente de carácter realista, ambientados na zona fronteiriza do Uruguai co Brasil. Tamén escribiu historias fantásticas baseadas no folclore da comarca. Durante a súa vida publicáronse catro antoloxías dos seus contos, seleccionadas por Heber Raviolo, Julio César da Rosa, Rubén Cotelo e Washington Benavides . Ediciones de la Banda Oriental publicou a maioría das recompilacións que apareceron despois da súa morte e Juana de Ibarbourou prologou en 1975 a publicación da súa obra poética Resurrección del Gaucho. El hombre de la isla perdida.[4]

A súa novela máis coñecida é Memorias de Juan Pedro Camargo (1958), unha recreación da historia tradicional de Juan el Zorro, tratada varias veces na literatura uruguaia de temática rural.[4]

As súas novelas, obras de teatro, ensaios, un guión cinematográfico e varias das súas historias permanecen inéditas. Faleceu en Montevideo o 4 de novembro de 1968.[4]

Foi tío do crítico literario uruguaio Emir Rodríguez Monegal.[6]

Obras

Novelas

  • Nichada (Apuntes de un indio de la selva ecuatorial). Montevideo, Nueva América, 1938.
  • Memorias de Juan Pedro Camargo. Montevideo, Cisplatina, 1958. (Reedición: Montevideo, Ediciones de la Banda Oriental, 1968. Prólogo de Washington Benavides)

Ensaios

  • Vida de Aparicio Saravia. Montevideo, A. Monteverde e outros, 1942.
  • Esquema de la historia del Partido Nacional. Montevideo, Cisplatina, 1959.

Contos

  • 12 cuentos. Montevideo, Banda Oriental, 1963. (Selección de Heber Raviolo)
  • Cuentos. Montevideo, Librería Blundi, 1966. (Selección e prólogo de Julio C. da Rosa)
  • Nuevos Cuentos. Montevideo, Alfa, 1967. (Selección de Ruben Cotelo)
  • Cuentos Escogidos. Montevideo, Banda Oriental, 1967. (Selección e prólogo de Washington Benavides)
  • Cuentos de bichos. Montevideo, Banda Oriental, 1973. (Selección e prólogo de Washington Benavides), póstumo
  • El tropero macabro y otros cuentos. Montevideo, Banda Oriental, 1978. (Selección de Heber Raviolo e Washington Benavides. Prólogo de Washington Benavides) póstumo
  • Cuentos de milicos y matreros. Montevideo, Banda Oriental, 1993. (Selección e prólogo de Pablo Rocca) póstumo
  • Cerrazón y otros cuentos. Montevideo, Banda Oriental, 2007. (Selección de Heber Raviolo. Prólogo de Pablo Rocca) póstumo
  • La receta del negro Antenor y otros cuentos. Montevideo, Banda Oriental, 2012. (Selección e prólogo de Magdalena Coll) póstumo

Poesía

  • Resurrección del Gaucho. El hombre en la isla perdida. Montevideo, 1975. (Prólogo de Juana de Ibarbourou) póstumo

Notas

  1. Rocca, Pablo. "La última frontera (El caso José Monegal)" (pdf) (en castelán). Consultado o 21 de maio de 2024. 
  2. "Notas de nuestro fútbol". La Voz de Galicia (en castelán). p. 2. 
  3. "Monegal marcha pensionado". El Noroeste (en castelán) (13651). 29 de xaneiro de 1928. p. 2. Consultado o 21 de maio de 2024. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 "Biografía de José Monegal". Facultade de Humanidades e Ciencias da Educación (Universidade da República) (en castelán). Consultado o 21 de maio de 2024. 
  5. Ricciardulli, Andrés (31 de marzo de 2020). "Entre lobizones y Sherlock Holmes rurales, un libro para redescubrir a un autor injustamente olvidado" (en castelán). Consultado o 21 de maio de 2024. 
  6. Block de Behar, Lisa (2003). "Prólogo". Obra selecta de Emir Rodríguez Monegal (en castelán). Caracas: Biblioteca Ayacucho. Consultado o 21 de maio de 2024. [Ligazón morta]

Véxase tamén

Ligazóns externas

Kembali kehalaman sebelumnya