José Barreras Massó, nado en Vigo o 28 de febreiro de 1867 e finado na mesma cidade o 29 de xuño de 1950, foi un enxeñeiro, empresario e político galego.
Traxectoria
Fillo de José Barreras Casellas, pertencente a unha familia de industriais cataláns establecida en Vigo dende mediados do século XIX. Fíxose enxeñeiro na Escola Especial de Barcelona, rematando a carreira en 1892. Creou estaleiros (Hijos de J. Barreras), factorías de conservas e frotas pesqueiras. Foi elixido deputado polo distrito de Redondela nas eleccións de 1920 fronte a Luis de Zulueta e sufragou o periódico local Ecos del Distrito. Fundou a revista Industrias Pesqueras en 1927. Foi cónsul de Bélxica e vicecónsul de Grecia.
Recoñecementos
Gran Cruz do Mérito Naval, 1923.
Vida persoal
Casou en 1908 con María Teresa Bolíbar Pintos.
Véxase tamén
Bibliografía
- Carmona Badía, X., Coord. Empresarios de Galicia. CIEF, Centro de Investigación Económica e Financeira. Fundación Caixa Galicia, 2006.
- Martín, Gerardo (2017). Diccionario de vigueses (1875-1945). Retazos de historia local a través de la vida de más de 1700 personajes. Pontevedra: Deputación Provincial. pp. 99–100. ISBN 978-84-8457-448-4.
Ligazóns externas