Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

José Domínguez González (político)

Modelo:BiografíaJosé Domínguez González

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1895 Editar o valor en Wikidata
Corzáns, España Editar o valor en Wikidata
Morte24 de febreiro de 1937 Editar o valor en Wikidata (41/42 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 1348

José Domínguez González, nado en Corzáns (Salvaterra de Miño) en 1895 e finado en Vigo o 24 de febreiro de 1937, foi un político galego.[1]

Traxectoria

Emigrou a Arxentina con 16 anos, e alí traballou de panadeiro e foi sindicalista. Participou na Sociedad Juventud Progresista Hijos de Fornelos y Anexos e na Sociedade Nazonalista Pondal, e colaborou en Acción Gallega e A Fouce. Retornado a Salvaterra de Miño, na República foi concelleiro socialista e tenente alcalde.

Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 incorporouse ao Comité de Defensa da República. Foi detido, xulgado en Vigo por rebelión militar e condenado á pena de morte. Antes da súa execución escribiu unha carta a Adela Melijosa Suárez e outras compañeiras presas.[2] Foi fusilado no castelo do Castro en Vigo ás once da mañá do 24 de febreiro de 1937, xunto con nove persoas máis.

Notas

Kembali kehalaman sebelumnya