Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Julia Morán Sánchez

Modelo:BiografíaJulia Morán Sánchez
Biografía
Nacemento1896 Editar o valor en Wikidata
Blimea, España Editar o valor en Wikidata
Morte26 de novembro de 1937 Editar o valor en Wikidata (40/41 anos)
Langreu, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehomicidio, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactivista polos dereitos das mulleres, activista política Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor en Wikidata

Julia Morán Sánchez, nada en Blimea (Samartín del Rei Aurelio) en 1896 e finada en Vindoria (Langreu) o 26 de novembro de 1937, coñecida como Julia Rico, foi unha militante socialista e activista pola liberdade e igualdade española, vítima da represión franquista.[1][2]

Traxectoria

Morán naceu na localidade asturiana de Blimea (Samartín del Rei Aurelio) en 1896.[1] En 1918 casou con Ramón Rico Fernández, quen finou en 1930, co que Morán quedou viúva con 4 fillos.[3] Era coñecida como Julia Rico.[1] En 1932 converteuse en conserxe con dereito a vivenda na Casa del Pueblo de La Pola Llaviana grazas ao Sindicato dos Obreiros Mineiros de Asturias da UXT. Militante socialista, en 1933 foi elixida secretaria di Grupo Feminino Socialista. Tras a revolución de octubre de 1934 clausurouse a Casa del Pueblo, polo que Morán tivo que ser acollida polos seus sogros até que a Casa del Pueblo reabriu en 1936 tras o triúnfo da Fronte Popular.[3] Durante a guerra civil española impulsou a promoción dos grupos socialistas femininos en Asturias e estivo á vangarda da retagarda.[3][4] En maio de 1937 presidiu o pleno no Centro Obreiro de Xixón.[3] O seu activismo pola liberdade e pola igualdade entre sexoschegou a suporlle a incomprensión de compañeiros do Partido Socialista Obrero Español (PSOE), que non aceptaban o seu protagonismo durante a Segunda República.[1]

En outubro de 1937, tras a caída de Asturias durante a Guerra civil, Morán agochouse nunha casa de La Pola Llaviana.[1] Finalmente, foi descuberta, detida o 25 de novembro e levada ao cárcere de La Pontona, en Llaviana.[3][4] Sen ser xulgada, foi levada nun camión cara a Vindoria e fusilada o 26 de novembro xunto con outros 3 homes e 4 mulleres, entre elas unha embarazada de 8 meses.[1][5] Segundo o relato dos veciños, houbo outras execucións en Vindoria e en San Isteba.[4]

Recoñecementos

Desde 2010 un monólito colocado na Costa Vindoria lembra a Morán e as outras sete persoas asasinadas polos franquistas na paraxe de Vindoria. Son Joaquina Antuña Morán, Rosario Montes Estrada, Jesusa Alonso Cantora, Ángeles Norniella Rebollada, José Suárez Rodríguez, Luís Alonso Alonso e Avelino Hevia.[6] Cada 26 de novembro o grupo socialista rende unha homenaxe aos fusilados na Costa Vindoria.[7]

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 "Morán Sánchez, Julia". Fundación Pablo Iglesias (en castelán). 
  2. "Mapa". Amiga Date Cuenta (en castelán). 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Montagut Contreras, Eduardo (16 de setembro de 2016). "Julia Morán Sánchez, socialista y feminista de Pola de Laviana". Tercera Información (en castelán). Consultado o 14 de novembro de 2024. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Peláez, E. (18 de abril de 2010). "Vindoria, la cuesta de los fusilaos". La Nueva España (en castelán) (Pola de Laviana). Consultado o 14 de novembro de 2024. 
  5. "Los franquistas ASESINARON en 1937 a 4 hombres y 5 mujeres, todos REPUBLICANOS, en la cuesta Vindoria, Langreo (Asturias)". RecueRda RepúBlica, MemoRia RepuBlicana (en castelán). 5 de novembro de 2018. 
  6. Peláez, E. (27 de novembro de 2016). "El PSOE rinde homenaje a los ocho asesinados de la Cuesta Vindoria". La Nueva España (en castelán). Consultado o 14 de novembro de 2024. 
  7. "Nuevo acto vandálico contra el monolito de Cuesta Vindoria". RTPA (en castelán). 12 de novembro de 2018. Consultado o 14 de novembro de 2024. 

Bibliografía

Kembali kehalaman sebelumnya