Julián Cerviño Iglesia é un xestor tecnolóxico galego, desde 2022 director da AMTEGA, a axencia tecnolóxica da Xunta de Galicia.
Traxectoria
Licenciouse en Física pola Universidade de Santiago de Compostela[1], pero traballou toda a vida en proxectos tecnolóxicos desde a administración galega. Foi consultor sénior na xestión de proxectos na área de infraestruturas da AMTEGA, a axencia autonómica responsable pola innovación tecnolóxica e os servizos informáticos. Como parte do seu traballo, participou na creación de Ianus, o sistema de historia clínica electrónica, e no lanzamento da receita electrónica en Galicia.
Empresarialmente, e en paralelo á súa carreira na administración pública, foi ata 2021 administrador da consultora Queres[2], especializada en saúde electrónica, en 2020 integrada[3] na consultora española Izertis, empresa da que Cerviño é accionista[4].
En setembro de 2022, logo da dimisión de Mar Pereira, foi nomeado por Alfonso Rueda novo director da AMTEGA.[1]
Vida persoal
Vive en Sada[5].
Notas