Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Kalush (grupo musical)

Kalush
Kalush en 2022, de esquerda a dereita; MC KylymMen, Didenchuk e Psiuk
OrixeUcraína Ucraína
Período2019–presente
Xénero(s)hip hop[1][2]
Folk rap[3]
Selo(s) discográfico(s)Def Jam
Columbia
Relentless
Membros
Antigos membrosMC KylymMen
Na rede
Instagram: kalush.official Telegram: kalush_off Youtube: UCWJULrY4qhbj0pqnNOrYETg TikTok: kalush.official Souncloud: kalush_official Spotify: 46rVVJwHWNS7C7MaWXd842 iTunes: 1482422674 Last fm: KALUSH Musicbrainz: 628d9735-f961-4eb0-92ee-31d77f9c8b8f Songkick: 10176279 Discogs: 10182379 Allmusic: mn0003892029 Deezer: 75567382 Genius: Kalush Editar o valor en Wikidata

Kalush (estilizado como KALUSH) é un grupo de música rap ucraíno formado en 2019. O grupo está formado polo fundador e rapeiro Oleh Psiuk, o multiinstrumentista Ihor Didenchuk e o breakdancer MC KylymMen.[1][3][4] Didenchuk tamén é membro da banda de electro-folk Go_A, que representou a Ucraína no Festival de Eurovisión 2021.[1]

A comezos de 2021, o grupo lanzou o proxecto paralelo Kalush Orchestra, con Tymofii Muzychuk, Vitalii Duzhyk e Dzhonni Dyvnyy como membros adicionais.[3] A diferenza da formación orixinal, Kalush Orchestra céntrase no hip hop mesturado con motivos populares e elementos da música tradicional ucraína.[3][5] O 14 de maio de 2022, o grupo gañou o Festival de Eurovisión 2022 con 631 puntos, conseguindo a terceira vitoria de Ucraína na historia do festival coa canción "Stefania".[6]

Membros

Kalush Orchestra en Turín, de esquerda a dereita: Tab, Didenchuk, Muzychuk, Psiuk, MC KylymMen e Duzhyk.

Membros actuais

  • Oleh Psiuk (2019–presente) - rap
  • Ihor Didenchuk (2019–presente) - instrumentais
  • Vlad Kurochka (2022–presente) - breakdance (MC KylymMen)

Kalush Orchestra

  • Tymofii Muzychuk (2021–presente) - voz, telenka
  • Vitalii Duzhyk (2021–presente) - sopilka
  • Dzhonni Dyvnyy (2021–2022, 2022–presente) - coros
  • Sasha Tab (2022–presente) - coros

Membros no pasado

  • Daniil Chernov (2019–2022) - breakdance (MC KylymMen)

Discografía

Álbums

Título Detalles
Hotin
  • Estrea: 19 de febreiro de 2021
  • Selo: Columbia
  • Formato: CD, LP, descarga dirital
Yo-yo (feat. Skofka)
  • Estrea: 23 de xullo de 2021
  • Selo: Columbia
  • Formato: CD, LP, descarga dixital

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 "Turin 2022 / Participants – Kalush Orchestra". Eurovision.tv. Consultado o 9 de abril de 2022. 
  2. "Eurovision Song Contest: Kalush will in Turin gewinnen". Euronews (en alemán). 9 de maio de 2022. Consultado o 17 de maio de 2022. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Mori, Yevhenii (2 de febreiro de 2022). "Олег Псюк пояснив, чим відрізняється Kalush від Kalush Orchestra". Suspilne Kultura (en ucraíno). Consultado o 3 de xuño de 2022. 
  4. "Ukraine: All you need to know about 'Vidbir' 2022 🇺🇦". Eurovision.tv. 11 de febreiro de 2022. Consultado o 16 de maio de 2022. 
  5. Pogodina, Ludmila (10 de xaneiro de 2022). "A folk-rap madhouse in your living room". Europavox. Consultado o 18 de febreiro de 2022. 
  6. "Ukraine's Kalush Orchestra wins Eurovision Song Contest 2022!". Eurovision.tv (en inglés). European Broadcasting Union. 14 de maio de 2022. Consultado o 3 de xuño de 2022. 
Kembali kehalaman sebelumnya