Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Kelvin Edward Felix

Modelo:BiografíaA Súa Eminencia Editar o valor en Wikidata
Kelvin Edward Felix

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento15 de febreiro de 1933 Editar o valor en Wikidata
Roseau, Dominica Editar o valor en Wikidata
Morte30 de maio de 2024 Editar o valor en Wikidata (91 anos)
Castries, Santa Lucía, Caribe Editar o valor en Wikidata
Cardeal
22 de febreiro de 2014 –
Arcebispo católico
5 de outubro de 1981 – 15 de febreiro de 2008
← Patrick Webster (en) TraducirRobert Rivas (en) Traducir →
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Bradford (pt) Traducir - socioloxía (–1970)
Universidade de Notre Dame (pt) Traducir - Master of Sociology (en) Traducir (–1967) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (1981–), sacerdote católico (1956–) Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade das Indias Occidentais Editar o valor en Wikidata
ConsagraciónPaul Fouad Tabet (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

Editar o valor en Wikidata
(la) ut omnes unum sint Editar o valor en Wikidata

Kelvin Edward Felix, nado o 15 de febreiro de 1933 en Roseau (Dominica) e finado en Castries o 30 de maio de 2024, foi un cardeal e arcebispo católico latino, arcebispo de Castries (Santa Lucía) entre 1981 e 2008.

Traxectoria

Naceu en Roseau o 15 de febreiro de 1933. Estudou no seminario San Xoán María Vianney en Trinidad, e foi ordenado sacerdote o 8 de abril de 1956, converténdose no primeiro sacerdote diocesano de Roseau e no primeiro sacerdote católico en ser ordenado en Dominica.

Logo de exercer o seu ministerio por uns anos en Dominica, marchou a estudar á Universidade San Francisco Xabier en Nova Escocia, graduándose en Educación en 1963; e obtivo un máster en Socioloxía e Antropoloxía na Universidade de Notre Dame (Indiana), en 1967. Finalizou os seus estudos en Socioloxía na Universidade de Bradford (Inglaterra), graduándose en 1970. Posteriormente foi profesor na Universidade das Indias Occidentais en St. Augustine (Trinidad e Tobago).

O 17 de xullo de 1981 foi elixido arcebispo de Castries. Recibiu a consagración episcopal o 5 de outubro de mans do pro-nuncio para as Antillas Bulus Fuad Naim Tabit, tendo como co-consagrantes ao arcebispo de Porto España Gordon Anthony Pantin e ao arcebispo de Kingston Samuel Emmanuel Carter.

Durante o seu pontificado foi tamén presidente da Conferencia Episcopal das Antilla, e membro do Pontificio Consello para a Familia e do Pontificio Consello para o Diálogo Interrelixioso.

Permaneceu á fronte da arquidiocese e Castries até que Bieito XVI aceptou o seu retiramento ao alcanzar a idade canónica, o 15 de febreiro de 2008. No consistorio do 22 de febreiro de 2014 o papa Francisco creouno cardeal co título de Cardeal-Presbítero de Santa Maria della Salute a Primavalle.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Kembali kehalaman sebelumnya