Kon era na mitoloxía inca o deus da choiva e o vento que viña do Sur, fillo dos deuses Inti e Mama Killa.
Historia
Kon era un deus antigo que pobou a terra de seres humanos e lles brindou auga e froitos; saía de entre as montañas e a xente sempre agardaba a súa chegada, xa que con el chegaban as choivas para a prosperidade das súas terras de cultivo; mais os humanos esquecéronse pronto das ofrendas que debían darlle por ser o creador. Daquela Kon castigounos quitándolles as choivas e transformando as fértiles terras nos inmensos desiertos da costa. Kon só deixou algúns ríos para que con moito esforzo e traballo os humanos puideran subsistir.
O deus Kon foi o creador desa primeira xeración de homes que poboaron a terra; mais un día foi vencido polo deus Pachacamac, quen os converteu en primates, raposos e lagartos para logo crear unha nova xeración de seres humanos.
Características
Kon era un deus eminentemente voador, era rápido e lixeiro porque carecía de ósos, tiña cabeza de felino, mais sostense que empregaba máscadas felínidas.
En imáxes pódeselle ver voando e portando un báculo, alimentos e cabezas trofeo.
Véxase tamén