A Orquestra Real do Concertgebouw (en neerlandés Koninklijk Concertgebouworkest) é unha orquestra sinfónica da cidade de Ámsterdam (Países Baixos) con base no Concertgebouw (en galego sala de concertos). A orquestra foi fundada pouco despois da apertura do teatro (1 de abril de 1888), dando o seu primeiro concerto o 3 de novembro de 1888 baixo a dirección de Willem Kes, quen sería o seu principal director nos seus primeiros sete anos de historia. En 1988, a Raíña Beatriz dos Países Baixos deulle o título de "Real" á orquestra. En decembro do 2008, un grupo de críticos, convidados pola revista Gramophone, elixiu á orquestra como a mellor sinfónica do mundo.
Véxase tamén
Ligazóns externas