LACE (acrónimo de Low-power Atmospheric Compensation Experiment), coñecido tamén como USA 51, foi un satélite artificial militar estadounidense lanzado o 14 de febreiro de 1990 mediante un foguete Delta 6920 desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral.[2][5][6]
Características
LACE foi un satélite militar experimental lanzado para medir a distorsión dos raios láser emitidos desde a superficie terrestre cara ao satélite nas bandas de luz visible e infravermello.[2][5][6]
O satélite foi construído polo Laboratorio de Investigación Naval e levaba, ademais dos sensores para o láser, un sensor ultravioleta para descubrir as mellores lonxitudes de onda coas que detectar o rastro do escape dos foguetes e un experimento para medir a presenza de neutróns no espazo.[2][5][6]
LACE estabilizábase mediante gradente gravitatorio. Foi posto fóra de servizo o 14 de febreiro de 1993, tras superar a súa vida útil esperada, de 30 meses, e reentrou na atmosfera o 24 de maio de 2000.[2][5][6]
Notas
- ↑ 1,0 1,1 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "LACE (USA 51)" (en inglés). Consultado o 16 de xuño de 2013.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 NASA (14 de xuño de 2013). "LACE" (en inglés). Consultado o 16 de xuño de 2013.
- ↑ "Note verbale dated 17 January 1992 from the Permanent Representative of the United States of America to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (92-02818). 21 de xaneiro 1992: 4. Consultado o 16 de xuño de 2013.
- ↑ Claude Lafleur (2010). "LACE (USA 51)" (en inglés). Consultado o 16 de xuño de 2013.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Gunter Dirk Krebs (2013). Gunter's Space Page, ed. "LACE (Losat-L)" (en inglés). Consultado o 16 de xuño de 2013.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 Mark Wade (2011). "LACE" (en inglés). Consultado o 16 de xuño de 2013.