La Patria Gallega, subtitulado Órgano oficial de la Asociación Regionalista, foi un periódico quincenal editado en Santiago de Compostela do 30 de marzo de 1891 ao 15 de xaneiro de 1892.
Traxectoria
Aparece o 30 de marzo de 1891, dirixido por Alfredo Brañas coa colaboración de Manuel Murguía, foi o órgano da Asociación Regionalista Gallega. A publicación xurdiu co gallo dos xogos florais de Tui, celebrados en xuño de 1891, cando se fundou a Asociación Regionalista Gallega. De carácter literario, incluíu recensións e artigos xornalísticos en que manifestaba grande interese polo rexionalismo catalán como modelo a seguir en Galicia. Cesou a súa publicación o 15 de xaneiro de 1892.
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos