La Philosophie dans le boudoir |
---|
|
Título orixinal | La Philosophie dans le boudoir |
---|
Autor/a | Donatien Alphonse François de Sade |
---|
Orixe | Francia |
---|
Lingua | lingua francesa |
---|
Tema(s) | erotismo, corte real, libertinism, interacción, relixión, filosofía, Revolución, moral, amor, sentimento, familia, cristianismo, metafísica, diálogo, monarquía, Prexuízo, crítica de arte e sexualidade |
---|
Xénero(s) | ficción, narración e literatura erótica |
---|
Data de pub. | 1795 |
---|
[ editar datos en Wikidata ] |
La Philosophie dans le boudoir é unha obra publicada en 1795, de maneira anónima pero atribuída ó Marqués de Sade. Nesta historia uns instrutores, no transcurso dunhas horas, conseguen introducir unha rapaza, Euxenia (Eugénie), no mundo da libertinaxe. Despois de que adopte esta doutrina como filosofía de vida, os mesmos instrutores axúdana a infectar a súa nai con sífilis e a coserlle os xenitais.
Con esta obra, Sade quebra por completo o xénero da época. A súa curiosidade lévao a introducirse nas profundidades do desexo sexual, deixándoo fluír sen reparo. Con este feito consegue arrastrar os lectores na insaciable investigación do pracer e do gozo.
A obra está escrita como un diálogo teatral, dividido en sete actos.
Véxase tamén
Ligazóns externas