Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
La Prensa.
La Prensa foi un periódico editado en Ourense en 1881.
Historia e características
Apareceu a principios de xaneiro de 1881.[1][2][3] Estaba dirixido por Alberto García Ferreiro.[4] Incitou a creación dunha Sociedade Económica de Amigos do País en Ourense. Aínda se publicaba en marzo de 1881.[5]
Notas
- ↑ Gaceta de Galicia anunciou a aparición en Ourense para o 20 de decembro de 1880 dun periódico de intereses materiais, ciencia e literatura que ía ser dirixido por Alberto García Ferreiro secundado por Gabino Bugallal. Gaceta de Galicia, 11-12-1881, p. 3.
- ↑ Gaceta de Galicia, 12-1-1881, p. 3.
- ↑ El Correo Gallego, 18-1-1881, p. 2.
- ↑ Gaceta de Galicia, 25-2-1881, p. 2.
- ↑ El Correo Gallego, 17-3-1881, p. 1.