Lana Del Rey
Lana Del Rey (2024, Barcelona) | |
Nacemento | (en) Elizabeth Woolridge Grant 21 de xuño de 1985 (39 anos) Nova York, Estados Unidos de América |
---|
Residencia | Venice (pt) Os Ánxeles |
---|
Educación | Kent School (en) Universidade Fordham (pt) |
---|
|
Campo de traballo | Composición musical |
---|
Ocupación | cantautora, cantante, produtora musical, artista discográfico, actriz, actriz de cinema, poetisa |
---|
Período de actividade | 2005 - |
---|
Xénero artístico | Indie pop, Baroque pop, trip hop (pt) , Sadcore (pt) , Dream pop, indie rock, Slowcore (pt) , Rock psicodélico, pop psicodélico, música rock e Rhythm and blues |
---|
Pseudónimo literario | Lana Del Rey |
---|
Tesitura | Mezzosoprano
|
---|
Instrumento | Guitarra e voz |
---|
Selo discográfico | Interscope Records Polydor Records |
---|
|
Obras destacables | |
Cónxuxe | Jeremy Dufrene (2024–) |
---|
Sinatura |
| | |
| Descrito pola fonte | Obálky knih, |
---|
Sitio web | lanadelrey.com |
---|
|
Elizabeth Woolridge Grant, máis coñecida como Lana Del Rey, nada o 21 de xuño de 1985 en Nova York, é unha cantante e compositora estadounidense. Criada ao norte do Estado de Nova York, Del Rey trasladouse á cidade de Nova York aos dezaoito anos, onde foi á universidade e comezou a escribir música e a actuar en pequenos clubs.
En 2008, Del Rey asinou un contrato cunha marca independente e gravou o seu álbum de estrea homónimo, dispoñible en iTunes en 2010; Del Rey comprou de novo os dereitos do seu álbum e foi retirado pouco despois.
En xuño de 2011, editou a canción "Video Games" no Internet, acompañada por un vídeo musical feito por ela mesma, que se fixo moi popular nos meses seguintes. A canción foi editada máis tarde coma sinxelo no mes de outubro, liderando o álbum de estrea nunha gran compañía del Del Rey, Born to Die, editado o 31 de xaneiro de 2012 a través de Interscope Records. Born to Die debutou no número un en sete países, incluíndo o Reino Unido[1] e Australia. O álbum deu dous sinxelos que chegaron ó top 10 en todo o mundo: "Video Games" e "Born to Die".
A música de Del Rey ten referencias a varios aspectos da cultura de pop, en particular dos anos 50 e 60. Entre as súas influencias musicais, Del Rey cita a Britney Spears, Eminem, Nirvana, Elvis Presley e Antony and the Johnsons entre outros.[2]
Discografía
Álbums de estudio
Álbum |
Ano |
Selo
|
Lana Del Rey |
2010 |
5 Points
|
Born To Die |
2012 |
Stranger, Interscope, Polydor
|
Ultraviolence |
2014 |
Interscope, Polydor
|
Honeymoon |
2015 |
Interscope, Polydor
|
Lust for Life |
2017 |
Interscope, Polydor
|
Norman Fucking Rockwell! |
2019 |
Interscope, Polydor
|
Violet Bent Backwards Over the Grass |
2020 |
Interscope, Polydor
|
Chemtrails over the Country Club |
2021 |
Interscope, Polydor
|
Blue Banisters |
2021 |
Interscope, Polydor
|
Did You Know That There's a Tunnel Under Ocean Blvd
|
2023
|
Interscope, Polydor
|
Lasso
|
2024
|
Interscope, Polydor
|
EP
- Kill Kill - 2008 (descarga dixital)
- Video Games EP - 2011 (CD, vinilo, descarga dixital)
- Video Games/Blue Jeans Remix EP - 2011 (Vinilo)
- Video Games: The Remix EP - 2012 (CD, descarga dixital)
- Born to Die: The Remix EP - 2012 (CD, vinilo, descarga dixital)
- Lana Del Rey - 2012 (descarga dixital)
- Blue Jeans: The Remix EP - 2012 (CD, vinilo, descarga dixital)
Sinxelos
- Video Games - 2011 (CD, vinilo, descarga dixital)
- Born To Die - 2012 (CD, vinilo, descarga dixital)
- Blue Jeans - 2012 (CD, vinilo, descarga dixital)
- Carmen - 2012
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Boullosa, Luis (2022). Diez maneras de amar a Lana del Rey: una investigacion pop. Liburuak.
Ligazóns externas
|
|