Las Grecas foi un dúo musical español de flamenco-rock conformado en 1973 por dúas irmás de etnia xitana: Carmela Muñoz Barrull (Valladolid, 19 de xullo de 1954), e Edelina Muñoz Barrull (Madrid, 17 de febreiro de 1957 - Aranjuez, 30 de xaneiro de 1995), máis coñecida como Tina. Tiveron un enorme éxito inicial co tema «Te estoy amando locamente», do cal venderon 500.000 copias, aínda que a súa carreira artística iría decaendo ata que as propias irmás Muñoz decidiron disolver Las Grecas.
Posteriormente, en 2007, e despois de facerse coa patente do nome de Las Grecas, Malicia decidiu constituír unha segunda formación do dúo xunto a Sofía Louzán, á que supliu despois pola súa antiga compañeira da súa anterior formación Las Suecas Nani.
Traxectoria
De familia relacionada co ambiente musical (o pai delas era cantante de flamenco afeccionado), en 1965 as irmás Muñoz trasladáronse, por motivos laborais paternos, a Arxentina, onde empezaron a cantar en festas da comunidade española. Alí entraron en contacto coa música norteamericana, dende o rock de Jimi Hendrix ata o jazz de George Benson, sen obviar os artistas musicais suramericanos como o arxentino Sandro ou o brasileño Caetano Veloso. Regresaron a España en 1970, concretamente a un tablao de Toledo pertencente a un tío seu, e onde Carmela ía interesarse seriamente pola arte musical.
Unha vez trasladadas definitivamente a Madrid, Carmela empezou a buscar actuacións nalgún tablao para axudar na economía familiar, xa que o seu pai tivo que regresar outra vez a Arxentina. Despois de ser rexeitada nos tablaos ' Las Cuevas de Nemesio' ' e 'Arco de Cuchilleros' ', lugares onde non foi admitida por ser loura -e polo tanto algo que aos turistas vían raro nunha xitana-, conseguiu mellor sorte en 'Los Canasteros' ' onde chegou co pelo tinguido e acompañada pola súa irmá Tina. O tablao era de Manolo Caracol, quen as contratou ao instante.
Foron facéndose famosas no ambiente musical, e pouco despois foron contratadas pola cantante de flamenco Lola Flores para o seu tablao Caripén'. Sería neste lugar onde se deixarían caer o produtor José Luis de Carlos e o compositor Felipe Campuzano atraídos pola interpretación vocal ao unísono que facían Carmela e Tina nas súas actuacións. Ambos os dous ficharon ás irmás Muñoz para CBS, e para iso houbo que buscárlles un nome artístico, que sería «Las Grecas». O motivo era que a xente falaba delas como «as rapazas que cantan en grego», en referencia ao xeito no que as irmás Muñoz interpretaban a canción «Sagapó».
Gravacións
Unha vez nos estudos Audiofilm de Madrid, José Luis de Carlos probou xuntar primeiro a Carmela e Tina con instrumentistas no xénero do flamenco e o pop, para finalmente decidirse facelas acompañar por músicos de rock de primeira categoría, como Johnny Galvao, Eddy Guerin ou Pepe Nieto. Gravouse o primeiro sinxelo, Te estoy amando locamente / «Amma immi», que resultou ser un éxito desbordante. Foi número un nas listas durante cinco semanas consecutivas, e chegou a vender 500.000 copias do disco. Por causa disto, o álbum 'Gipsy rock' ' non tardou en saír á venda.
Moi pouco tempo despois, lanzouse o segundo álbum das Grecas, Mucho más (1975). Similar ao anterior en canto a esquema e son, non tivo, non obstante, o éxito esperado. Tampouco os sinxelos extraídos del tiveron moito éxito. Con Tercer álbum intentaron as Grecas cambiar de rumbo, ao escoller para as súas gravacións os estilos musicais do funk e o soul. Aínda así, este álbum tampouco chegou a ser moi exitoso. En 1977 publicouse o que ía ser o último álbum das irmás Muñoz, Casta viva. Daquela, o terreo das Grecas xa o ocuparan outros artistas como Veneno ou, pouco despois, o propio Camarón de la Isla. Deste xeito, e ante os problemas profesionais que tiveron co seu apoderado -estafáralles parte do diñeiro que lles correspondía das actuacións, e despois de ser despedido, intentou, baixo a súa influencia, que as Grecas non tivesen continuidade no mundo musical-, Carmela e Tina decidiron disolver Las Grecas.
Discografía
- Gipsy rock (1974)
- Mucho más (1975)
- Tercer álbum (1976)
- Casta viva (1977)
- Si me dejaras amarte (2009)
- Auténticas (2011)
- Siglo XXI (2012)
Véxase tamén
Ligazóns externas