Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Leandro Sanca

Modelo:BiografíaLeandro Sanca
Biografía
Nacemento4 de xaneiro de 2000 Editar o valor en Wikidata (24 anos)
Lisboa, Portugal Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor en Wikidata

Leandro Mário Baldé Sanca, nado en Lisboa o 4 de xaneiro de 2000, é un futbolista portugués que xoga como extremo no Chaves, da Segunda Liga.

Traxectoria

Naceu en Lisboa, no seo dunha familia con raíces en Guinea-Bissau.[1] Formouse nas canteiras do CR Foot, do Real, do Belennses e do Braga, debutando co primeiro equipo deste último na Primeira Liga en xullo de 2020, nun partido ante o Aves

O 30 de agosto de 2021 asinou un contrato de tres anos co Spezia italiano, saíndo inmediatamente cedido ao Casa Pia.[2] Ao seu regreso da cesión debutou na Serie A co equipo ligur, nun encontro fronte á Juventus.[3]

Na segunda metade da tempada 2022/23 xogou cedido no Famalicão da Primeira Liga portuguesa,[4] e en agosto de 2023 fichou polo Chaves, da segunda categoría.[5]

Notas

  1. "22 de outubro de 2016" (en portugués). 12 de agosto de 2024. Consultado o 12 de agosto de 2024. 
  2. "Leandro Sanca è un nuovo calciatore dello Spezia" (en italiano). 30 de agosto de 2021. Consultado o 12 de agosto de 2024. 
  3. "Juventus vs. Spezia 2 - 0". soccerway.com (en inglés). Consultado o 12 de agosto de 2024. 
  4. "Leandro Sanca al Famalicão" (en italiano). 12 de xaneiro de 2023. Consultado o 12 de agosto de 2024. 
  5. "SANCA É REFORÇO" (en portugués). 14 de agosto de 2023. Consultado o 12 de agosto de 2024. 

Véxase tamén

Ligazóns externas

Kembali kehalaman sebelumnya