A lei de Graham da efusión, en ocasións chamada a lei de Graham da difusión, é unha lei formulada polo físico químico escocés Thomas Graham en 1848.[1] Graham descubriu de forma experimental que a taxa de efusión dun gas é inversamente proporcional á raíz cadrada da masa das súas partículas.[1] Esta fórmula pode definirse como:
- ,
onde Taxa1 é a taxa de efusión do primeiro gas (volume ou número de moles por unidade de tempo), Taxa2 é a taxa de efusión do segundo gas, M1 é a masa molar do primeiro gas e M2 é a masa molar do segundo gas.
Unha explicación teórica completa da lei de Graham ofreceuna anos despois a teoría cinética dos gases. A lei de Graham fornece unha base para a separación de isótopos por difusión—un método que tivo un papel fundamental no desenvolvemento da bomba atómica no Proxecto Manhattan.[2]
A lei de Graham é máis exacta para a efusión molecular que involucra o movemento dun gas a un tempo a través dun orificio. Só é unha aproximación para a difusión dun gas dentro doutro ou no aire, xa que estes procesos involucran o movemento de máis dun gas ó mesmo tempo.[2]
Notas
- ↑ 1,0 1,1 Keith J. Laidler e John M. Meiser, Physical Chemistry (Benjamin/Cummings 1982), pp. 18–19
- ↑ 2,0 2,1 R.H. Petrucci, W.S. Harwood e F.G. Herring, General Chemistry (8ª ed., Prentice-Hall 2002) pp. 206–08 ISBN 0-13-014329-4