Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Lentille.
Lentille é un lugar da parroquia da Pena no concello ourensán de Cenlle, na comarca do Ribeiro.[1] Segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 13 habitantes (6 homes e 7 mulleres).
Neste lugar no alto da costa que baixa ao val do Avia, está a casa Grande de Lentille que domina o lugar dende a súa privilexiada posición. Na estrada desde Lentille ata san Lorenzo hai un cruceiro cunha posición privilexiada, xa que desde alí pode verse todo o val do río Avia, con vilas como Ribadavia, Leiro ou Beade.
Lugares e parroquias
Lugares da Pena
Parroquias de Cenlle
Notas
Véxase tamén
Outros artigos