Os XX (en francés, Les XX) foi un grupo de vinte pintores belgas, debuxantes e escultores, que se formou en 1883 polo avogado, editor e empresario de BruxelasOctave Maus.
Traxectoria
Durante dez anos, estes vingtistes, como se chamaban a si mesmos, celebraron unha exposición anual da súa arte; cada ano invitábase tamén a outros vinte artistas internacionais a participar na exposición. Entre os artistas invitados ao longo dos anos estiveron: Camille Pissarro (1887, 1889, 1891), Claude Monet (1886, 1889), Georges Seurat (1887, 1889, 1891, 1892), Paul Gauguin (1889, 1891), Paul Cézanne (1890), e Vincent van Gogh (1890, 1891).
Os XX foi, en certa medida, un sucesor do grupo L'Essor. O rexeitamento da obra de EnsorO comedor de recoiro en 1883 polo Salón L'Essor, logo doutro rexeitamento anterior polo Salón de Anveres, foi un dos acontecementos que levou á formación dos XX. A sociedade de exposición belga fundouse o 28 de outubro de 1883 en Bruxelas.
Logo da exposición de 1892, a sociedade dos XX transformouse en «La Libre Esthétique», que desapareceu coa primeira guerra mundial.
Octave Maus, L’Espagne des artistes (Bruxelas, 1887).
Octave Maus, Souvenirs d’un Wagnériste: Le Théâtre de Bayreuth (Bruxelas, 1888).
Octave Maus, Les Préludes: Impressions d’adolescence (Bruxelas, 1921).
Autour de 1900: L'Art Belge (1884-1918). Londres: The Arts Council, 1965.
Block, Janet. Les XX and Belgian Avant-Gardism 1868-1894.Studies in Fine Arts: The Avant garde. Ann Arbor: UMI Research press, 1984.
Les XX, Bruxelles. Catalogue des dix expositions annuelles. Bruxelas: Centre international pour l'étude de XIXe siècle, 1981.
Stevens, Mary Anne e Robert Hoozee, eds. Impressionism to Symbolism: The Belgian Avant-Garde 1880-1900. catálogo exposición. Londres: Royal Academy of Arts, 7 de xullo a 2 de outubro de 1994.