A Liga de Campións da UEFA 2011-12 foi a 57ª edición da Liga de Campións da UEFA, a máxima competición europea de fútbol a nivel de clubs organizada pola UEFA.
Un total de 76 equipos participaron nesta edición procedentes dun total de 52 federacións afiliadas á UEFA sen incluír a de Liechtenstein, a cal non ten unha competición de liga propia. Destes 76 equipos, 22 clasificáronse de forma directa. Os outros 54 disputaron diversas roldas previas ata chegar á fase de grupos.
Participaron os 2 vencedores da rolda anterior xunto aos campións das ligas clasificadas entre as posicións 17 e 49 (ambas inclusive) da clasificación de coeficientes UEFA de 2010 (salvo a federación de Liechtenstein porque carece dunha competición propia de liga). O mesmo sorteo da primeira rolda previa serviu para establecer as eliminatorias da segunda. A ida disputouse o 12 e o 13 de xullo, mentres que a volta xogouse o 19 e o 20 de xullo.
O sorteo da terceira rolda de clasificación levouse a cabo o 15 de xullo en Nyon. Os partidos de ida disputáronse o 26 e o 27 de xullo, e os de volta tiveron lugar o 2 e o 3 de agosto de 2011. Os perdedores desta rolda xogaron a rolda de play-off da UEFA Europa League.
Terceira rolda de campións
Participaron os 17 gañadores da rolda anterior xunto aos campións das ligas clasificadas entre as posicións 13 e 15 (ambas inclusive) da clasificación de coeficientes UEFA de 2010.
O sorteo da rolda de play-off levouse a cabo o 5 de agosto en Nyon. Os partidos de ida disputaranse o 16 e o 17 de agosto, os de volta o 23 e o 24 de agosto de 2011. Os perdedores desta rolda instalásense na fase de grupos da UEFA Europa *League.
Play-off de campións
Participaron os 10 vencedores da rolda anterior de campións de liga.
Na fase de grupos competiron os 22 equipos clasificados directamente dende os seus campionatos xunto cos outros 10 equipos clasificados dende as roldas previas da Liga de Campións. Os 22 equipos clasificados directamente foron os seguintes:
Unha vez rematadas as roldas previas da Liga de Campións da UEFA, o sorteo da fase de grupos levouse a cabo o 25 de agosto en Mónaco. Os grupos quedaron do seguinte xeito:
A fase de grupos deu de si algunha sorpresa, como a eliminación de equipos como Manchester United, FC Porto, Manchester City, Valencia CF ou Ajax Ámsterdan, que ao rematar terceiros en cadanseu grupo, disputarán a fase final da UEFA Europa League 2011-12. Outros equipos fortes que quedaron eliminados foron o Borussia Dortmund e o Lille OSC, vixentes campións da Bundesliga e da Ligue 1, pero que tiveron unha actuación decepcionante nesta competición, rematando últimos nos seus grupos. O equipo mais goleador desta fase foi o FC Barcelona con 20 goles anotados, e o menos goleado foi o Real Madrid con 2 goles encaixados. Ámbolos dous equipos foron, co SL Benfica portugués, os únicos equipos que remataron esta fase de grupos sen encaixar ningunha derrota.
Eliminatorias
Unha vez disputadas as 6 xornadas da fase de liguilla nos 8 grupos, 16 equipos acadaron o seu pase para a seguinte fase, a fase de eliminatorias. O 16 de decembro de 2011 tivo lugar o sorteo de oitavos de final, cun bombo no que estaban os equipos que remataron a fase de grupos en primeira posición, e outro bombo cos equipos que remataron en segunda posición. No sorteo decidiuse que equipo do primeiro bombo se emparellaba con cada equipo do segundo bombo.
A final da edición 2011-12 da Liga de Campións da UEFA tivo lugar no Allianz Arena de Múnic o 19 de maio de 2012. Nela enfrontáronse o Bayern Múnic alemán e o Chelsea FC inglés. O colexiado que arbitrou o encontró foi o portugués Pedro Proença.[1]
Para o Bayern Múnic, adestrado por Jupp Heynckes, foi a súa 9ª final da máxima competición continental. Pola súa banda, o Chelsea FC, adestrado por Roberto Di Matteo, disputaba a súa 2 final, co único precedente da derrota fronte ó Manchester United na edición 2007-08.
Os dous equipos fracasaran na loita pola competición nacional de liga. O conxunto inglés viña de rematar 6º na Premier League, mentres que o Bayern viña de rematar 2º na Bundesliga.
Na primeira fase da competición, o Chelsea FC rematou primeiro no Grupo E por riba de Leverkusen, Valencia e Genk, con 3 vitorias, 2 empates e 1 derrota. En oitavos de final bateu ó Nápoles por un resultado global de 5-4. Nos cuartos de final tivo que superar ó Benfica, cousa que fixo con 3 goles a prol e 1 en contra. Nas semifinais tocoulle enfrontarse ó vixente campión, o FC Barcelona, vencendo a eliminatoria por 3 goles a 2.
O Bayern Múnic acadou a primeira posición no Grupo A, no cal tivo que enfrontarse a equipos como Nápoles, Manchester City e Villarreal, rematando con 4 vitorias, 1 empate e 1 derrota. Nos oitavos de final enfrontouse co Basilea, ó que superou de xeito sobresaínte por 7 goles a 1. Nos cuartos de final agardaba o Marsella, ó que eliminou cun dobre 2-0 tanto na casa como fora. En semifinais bateu ó Real Madrid dende o punto de penalti, despois de que a eliminatoria rematase cun empate a 3 goles.
O encontro tivo poucas ocasións de gol. O Bayern dominou o balón na primeira metade cun 60% de posesión, lanzando 2 veces a porta, por 1 vez o Chelsea. Na segunda metade a posesión estivo máis igualada. Nela o Bayern lanzou 4 veces a porta e o Chelsea 2. O primeiro gol fíxose agardar até o minuto 83, cando Thomas Müller rematou unha xogada do Bayern coa testa, batendo a Petr Čech. Semellaba que o encontro estaba decidido, pero Didier Drogba acadou o empate no minuto 88 rematando coa testa un saque de esquina.
Na prórroga o Bayern tivo a oportunidade de poñerse de novo por diante cando Drogba cometeu un penalti sobre Ribéry no minuto 93. Robben tirou a pena máxima, pero Čech detivo o balón. A prórroga rematou co 1 a 1, de xeito que houbo de decidir o título dende o punto de penalti.
O Chelsea comezou errando o seu primeiro lanzamento, mentres que o Bayern convertía os seus primeiros 3 lanzamentos. Entón Petr Čech, porteiro do Chelsea FC, tornouse de novo en protagonista da final, detendo os últimos 2 lanzamentos do Bayern Múnic, mentres que os seus compañeiros tiñan éxito nos lanzamentos, acadando a vitoria por 4 goles a 3 na quenda de penaltis.
Foi o primeiro título de Campións de Europa para o Chelsea FC, así como o primeiro de calquera equipo de Londres. Pola súa banda, o Bayern converteuse no 3º equipo que perdía 5 finais da máxima competición continental, igualando nesa estatística co Juventus FC e co SL Benfica.
Nesta táboa non se inclúen os goles anotados por un futbolista nunha quenda de penaltis trala prórroga dun encontro, nin os goles anotados nas eliminatorias das roldas previas da competición.