A limnoloxía,[1] do grego λίμνη límnē, "lago", e λόγος, lógos, "coñecemento", é a rama da ecoloxía que estuda os ecosistemas acuáticos continentais (lagos, lagoas, ríos, pozas, marismas e esteiros), as interaccións entre os organismos acuáticos e o seu ambiente, que determinan a súa distribución e abundancia en ditos ecosistemas.
Nun principio, e até 1922, o termo limnoloxía cinguíase só ao estudo dos lagos,[2] ano en que a Asociación Internacional de Limnoloxía incluíu todas as augas epicontinentais.
As masas de auga continentais son de grande importancia para o ser humano, xa que moitas son fonte de recursos básicos para a economía (auga potábel, alimentos) ou desempeñan un papel de depuración das augas.
Isto, ademais tense que compatibilizar coa convivencia de especies de flora e fauna que subsisten no medio, ou dependen del.
Por estas razóns, a limnoloxía converteuse nunha ciencia máis importante, necesaria para a xestión e conservación dos medios acuáticos.
Limnetica (Internet) uma publicação electrónica da Associação Ibérica de Limnologia contendo principalmente elementos da edição impressa de Limnetica (en portugués)