Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Lingua gala

Galo
Falado en: Galia
Total de falantes: século VI
Familia: Indoeuropea
 Linguas celtas
  Continental
   Galo
Escrita: Alfabeto etrusco, grego e latino
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: cel
ISO 639-3: xtg
Mapa
Status

Galo ou gálico é o nome que se lle dá á lingua de orixes celtas falada en gran parte da Galia antes de que o latín vulgar de finais do Imperio romano se impuxese nesas terras.

Historia

O idioma coñécese grazas a uns centos de inscricións en pedra, cerámica ou outros artefactos e moedas, así como en láminas de chumbo (e nunha ocasión de cinc). Estes atópanse por toda a antiga Galia, é dicir, especialmente na actual Francia pero tamén en partes de Suíza, Italia, Alemaña e Bélxica.

O galo agrúpase xunto co celtibérico, lepóntico e gálata como linguas celtas continentais.

Fonoloxía

  • vogais:
    • breves: a, e, i, o u
    • longas ā, ē, ī, (ō), ū
  • semivogais: w, y
  • oclusivas:
    • xordas: p, t, k
    • sonoras: b, d, g
  • soantes
    • nasais: m, n
    • líquidas r, l
  • sibilantes: s
  • fricativas: ts

χ é un alófono de k ante t.

Ortografía

A lingua gala foi representada mediante varios sistemas de escritura, dependendo da época e da situación xeográfica:

1. O alfabeto de Lugano usado na Galia Cisalpina para o lepóntico era:

AEIKLMNOPRSTΘUVXZ

O alfabeto de Lugano non distingue entre as oclusivas xordas e sonoras, é dicir, P representa /b/ ou /p/, T vale para /t/ ou /d/, K para /g/ ou /k/.

Z representa probabelmente ts. U /u/ e V /w/ distínguense. Θ usábase probabelmente para /t/ e X para /g/.

2. O alfabeto grego oriental usado na Galia Transalpina era:

αβγδεζηθικλμνξοπρστυχω

χ úsase para [χ], θ para ts, ου para /u/, /ū/, /w/, η e ω tanto para o /e/, /ē/ breve e longo, /o/, /ō/, mentres que ι é para o /i/ breve e ει para /ī/. Hai que notar que Sigma no alfabeto grego oriental se parece a un C (sigma lunar).

3. O alfabeto latino (tanto o monumental como o cursivo) que se usaba na Galia romana era:

ABCDÐEFGHIKLMNOPQRSTUVXZ
abcdðefghiklmnopqrstuvxz

G e K usábanse en ocasións de forma indistinta. Ð, ð, ds e s pode que representasen ts. X, x representa [χ] ou /ks/. EV pódese intercambiar xunto con OV (e.g. L-3, L-12). Q úsase en raras ocasións (por exemplo, Sequanni, Equos) e pode que fose un arcaísmo. Ð e ð eran usadas para representar a letra Tau Gallicum, que aínda non se engadiu ao Unicode. En contraste con Ð a barra central esténdese por todo o glifo.

Numerais

Números ordinais que aparecen nos grafitos da Graufesenque:

  1. cintux[so (galés cyntaf, irlandés antigo cétnae)
  2. allos (galés ail, irlandés antigo aile = outro)
  3. tritios (galés trydydd, irlandés antigo treide)
  4. pentuar[ios (galés pedwerydd, irlandés antigo cethramad)
  5. pinpetos (Ml galés pymhet (agora pumed), irlandés antigo cóiced)
  6. suexos (quizais confundido con suextos, galés chweched, irlandés antigo seissed)
  7. sextametos (galés seithfed, irlandés antigo sechtmad)
  8. oxtumeto[s (galés wythfed, irlandés antigo ochtmad)
  9. namet[os (galés nawfed, irlandés antigo nómad)
  10. decametos, decometos (galés degfed, irlandés antigo dechmad, celtibero dekametam)

Véxase tamén

Bibliografía

  • Delamarre, X. (2003). Dictionaire de la Langue Gauloise (2nd ed.). París: Editions Errance. ISBN 2-287772-237-6
  • Lambert, Pierre-Yves (2003) La language gauloise (2nd ed.) París: Editions Errance. ISBN 2-87772-224-4
  • Meid, Wolfgang (1994) Gaulish Inscriptions. Budapest: Archaeolingua. ISBN 963-846-06-6
  • Sims-Williams, Patrick (2003) The Celtic Inscriptions of Britain: phonology and chronology, c.400-1200 Oxford: Blackwell. ISBN 1-4051-0903-3

Ligazóns externas

Kembali kehalaman sebelumnya