A lingua ibo[2] ou igbo (en ibo: Asụsụ Igbo) é unha lingua falada en Nixeria por cerca de 20-25 millóns de persoas, os ibos, especialmente na rexión sueste, anteriormente coñecida como Biafra e en partes da rexión sur-sueste de Nixeria.
Existen centenas de dialectos diferentes e linguas iboides incluídas na lingua ibo.
Dialectos
O igbo divídese en varios dialectos, a maioría mutuamente intelixíbeis entre si, son eles; bende, owerri, ngwa, umuahia, nnewi, onitsha, awka, abriba, arochukwu, nsukka, mbaise, abba, ohafia, agbor, wawa okigwe e ukwa/ndoki. O alto grao de semellanza entre estes dialectos fai que se forme unha continuidade dialectal.