O mongol[3] (en escritura mongol: ,[4] Mongɣol kele; en mongol cirílico: Монгол хэл, Mongol khel) é a lingua propia do pobo mongol, a lingua oficial de Mongolia e a máis coñecida da familia lingüística mongol. O número de falantes de tódolos dialectos chega ós 5,2 millóns, incluíndo os habitantes de Mongolia e ós residentes da Mongolia Interior, unha rexión autónoma de China.[1] En Mongolia, o dialecto khalkha, escrito en cirílico (e outrora en alfabeto latino), é o predominante, mentres que en Mongolia Interior, a lingua é máis diversa dialectalmente e escríbese na escritura mongol.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos