A lingua pisamira é unha lingua indíxena da familia tucana falada polo pobo pisamira, estabelecido no Resgardo Parte Oriental de Vaupés, en Colombia. Ethnologue identifícaa erradamente como un dialecto do tucano.[3] Segundo o censo de 2005 había uns 61 individuos do pobo pisamira, mais os adultos xa non transmiten a lingua aos nenos, que falan castelán habitualmente.[4]
Fonoloxía
O pisamira presenta seis vogais /a e i ɨ o u/ que poden ser orais ou nasais, e once fonemas consonánticos.[5] Algunhas destas consoantes /g, t͡ʃ, r/ teñen unha distribución restrinxida e raramente ou nunca aparecen ao comezo das raíces das palabras.[6]
Fonemas consonánticos do pisamira
|
Labial
|
Apical
|
Palatal
|
Velar
|
Glotal
|
Oclusivas
|
xordas
|
p
|
t
|
|
k
|
|
sonoras
|
b
|
d
|
|
g
|
|
Aproximantes
|
ʋ
|
|
ʝ
|
|
h
|
Africadas
|
|
|
t͡ʃ
|
|
|
Vibrante Múltiple
|
|
r
|
|
|
|
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Campbell, Lyle. (1997). American Indian languages: The historical linguistics of Native America. Nova York: Oxford University Press. ISBN 0-19-509427-1.
- Kaufman, Terrence. (1990). Language history in South America: What we know and how to know more. In D. L. Payne (Ed.), Amazonian linguistics: Studies in lowland South American languages (pp. 13–67). Austin: University of Texas Press. ISBN 0-292-70414-3.
- Kaufman, Terrence. (1994). The native languages of South America. In C. Mosley & R. E. Asher (Eds.), Atlas of the world's languages (pp. 46–76). Londres: Routledge.
|
---|
Linguas oficiais | |
---|
Linguas indíxenas | |
---|
Crioulas/outras | |
---|
Linguas de sinais | |
---|
|