Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Lingua zuni

Zuni
Shiwiʼma
Pronuncia:[sàndàwékìʔìŋ]
Outros nomes:Zuñi
Falado en: Estados Unidos de América
Rexións: Novo México e Arizona
Total de falantes: 9.620 (2015)
Familia:
 Zuni
Escrita: Alfabeto latino
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: zun
ISO 639-3: zun
Mapa
Status

O zuni da Huasteca está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

A lingua zuni é unha lingua falada polo pobo zuni, un pobo indíxena de Novo México e Arizona, nos Estados Unidos. É falada por arredor de 9.500 persoas, especialmente na proximidade de Zuni Pueblo, Novo México, e en vilas máis pequenas de Arizona.

A diferenza da maioría das linguas indíxenas dos Estados Unidos, o zuni é aínda falado por un número significativo de nenos e, así, está comparativamente menos ameazada. Edmund Ladd informou en 1994 que o zuni é aínda a lingua principal de comunicación e empregada na casa (Newman 1996).[2]

Notas

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. From "Pueblo of Zuni Head Start Program FY 2018 Annual Report" dispoñible na páxina web de Zuni Pueblo: A lingua e a cultura zuni  Ao longo dos anos, o Programa Zuni Head Start experimentou un descenso da lingua nativa que falan os nenos e os seus pais. Os pais dos nosos fillos son novos e falan principalmente o inglés. A falta da lingua nativa que se fala na casa é a principal razón pola que os nosos fillos non falan a súa lingua nativa. A maioría dos pais son quen de entender a lingua nativa pero non poden falar a lingua con fluidez. As familias que viven con maiores como avós, tías ou tíos falan máis a súa lingua materna e son falantes fluídos. A porcentaxe de nenos que falan a súa lingua nativa diminuíu nos últimos 29 anos; por iso o Programa Zuni Head Start adoptou unha postura activa para incorporar o uso diario da lingua zuni nas aulas, que inclúen o ensino da cultura zuni. Hai moito ánimo para que todos no centro falen a lingua zuni nas conversas sociais para que os nosos fillos escoiten a lingua e se atopen [sic] cómodos para falar [sic] a súa lingua. Uso lingüístico dos nenos matriculados en Head Start: 137 Os nenos falaban inglés como lingua principal 15 Os nenos falaban o zuni como lingua principal. Isto indica que só o 16 por cento dos nenos zuni son quen de comprender e falar a súa lingua nativa.
Kembali kehalaman sebelumnya