As linguas dárdicas son un grupo de linguas indoiranias faladas na parte oriental de Afganistán, no norte de Paquistán (NWFP) e no disputado estado de Xammú e Caxemira.
O grupo dárdico foi tradicionalmente definido coma un subgrupo das linguas indoarias as que experimentaron unha forte influencia dende as linguas nuristanesas e as linguas iranias. O nuristanés, un grupo de linguas faladas no nordeste Afganistán, ás veces foi incluído no grupo dárdico, pero hoxe menténse coma un grupo independente, coma un dos tres subgrupos do indoiranio.[1]
O iranista noruegués Georg Morgenstierne escribiu que o Chitral é a área de máis diversidade lingüística do mundo. Aínda que do dárdico o khowar é a lingua máis predominante do Chitral, máis de dez linguas fálanse nesta área. Estas inclúen as dárdicas calaxa-mun, palula, dameli, gawar-bati, as nuristanís, idgá, buruxasquí, guxar, vakhí, a lingua kirguiz, as linguas iranias taxico e paxtó. Moitas destas linguas non se usan na escritura, non teñen unha norma gráfica para escribílas. Ás veces para redactar unha carta usan o sistema urdú ou persa.
Agás o caxemirés, tódalas linguas dárdicas son linguas minoritarias as que non foron o suficientemente estudadas. Na maioría dos casos son faladas en áreas de difícil acceso debido ás montañas e/ou aos conflitos armados da rexión. Tódalas linguas (incluíndo o caxemirés) foron influenciados polas linguas veciñas non dárdicas.
Lista das linguas dárdicas
- Grupo Chitral
- Khowar [khw], falado no (Paquistán)
- Calaxa [kls], falado no (Paquistán)
- Grupo caxemirés
- Grupo cohistanés (9)
- Grupo Cunar (8)
- Grupo Xina (7)
- Brokskat [bkk], falado na (India)
- Domaaki [dmk], falado no (Paquistán)
- Phalura [phl], falado no (Paquistán)
- Xina-Kohistanés [plk], falado no (Paquistán)
- Xina [scl], falado no (Paquistán)
- Savi [sdg], falado no (Afganistán)
- Uxoio [ush], falado no (Paquistán)
Notas
- ↑ Morgenstierne, G. Irano-Dardica. Wiesbaden 1973; Morgenstierne, G. Die Stellung der Kafirsprachen. In Irano-Dardica, 327-343. Wiesbaden, Reichert 1975
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas