Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Luch

Maqueta do Luch-5a en exposición.

Luch é unha serie de satélites de comunicacións soviéticos/rusos.[1]

Luch de primeira xeración

Os Luch de primeira xeración, denominados tamén Altair, serviron de ligazón entre a estación espacial Mir, o transbordador espacial Buran e as naves Soiuz TM co control de terra. Eran construídos por NPO-PM e tiñan unha masa duns 2400 kg, con tres grandes antenas e multitude doutras máis pequenas. Cada satélite levaba a bordo tres transpondedores Arion. Estaban deseñados para unha vida en órbita de cinco anos. Os tres primeiros satélites Luch foron denominados Kosmos 1700, Kosmos 1897 e Kosmos 2054. Só ao cuarto se lle comezou a dar a denominación Luch, pasando a ser coñecido como Luch 1. Foron lanzados entre 1985 e 1994 a bordo de foguetes Proton K/DM-2.[2][1]

Luch de segunda xeración

Os Luch-2 (tamén denominados Gelios) substituíron os Luch de primeira xeración, aínda que finalmente só se chegou a lanzar o Luch-2 1, o 11 de outubro de 1995, tamén mediante un Proton K/DM-2. Unha segunda unidade foi destruída durante un incendio en Baikonur en xaneiro de 1995 e nunca foi arranxado nin substituído. Eran unha versión mellorada, cunha masa de 2600 kg e maior velocidade de transmisión, o que permitía retransmitir televisión en directo desde a Mir.[3][1]

Luch 5A e 5V

Os Luch 5A e 5V foron a continuación do Luch-2 1. Eran máis pequenos que os anteriores, cunha masa de 1148 kg e baseados no bus Ekspress 1000. Ambos foron lanzados usando foguetes Proton M, o primeiro 11 de decembro de 2011 e o segundo o 28 de abril de 2014. Usaban transpondedores en banda S e banda Ku e eran capaces de mover as súas dúas antenas principais para seguir obxectos en órbita. Luch 5V foi construído para substituír a Luch 4, que foi convertido nun satélite experimental.[4][1]

Luch 5B

Luch 5B foi lanzado o 2 de novembro de 2012 mediante un Proton M. Tiña unha masa de 1350 kg e usaba o bus Ekspress-1000. As súas antenas podían facer seguimento doutros satélites en órbita e levaba a bordo un dispositivo para enviar correccións diferenciais para o sistema de navegación global GLONASS.[5][1]

Luch Kh (Olimp-K) 1 e 2

Os dous Luch Kh, coñecidos tamén como Olimp-K, foron lanzados respectivamente o 27 de setembro de 2014 e o 12 de marzo de 2023, ambos mediante un Proton M. Teñen unha masa duns 3000 kg e usan o bus Ekspress-1000NTA. Teñen unha dobre función: proporcionar comunicacións gobernamentais seguras e facer tarefas de intelixencia electrónica.[6][1]

Historial de lanzamentos

Misión[1][2][3][4][5][6] Data de lanzamento[1][2][3][4][5][6] Foguete lanzador[1][2][3][4][5][6] Notas[1][2][3][4][5][6]
Kosmos 1700 25 de outubro de 1985 Proton K/DM-2 Éxito
Kosmos 1897 26 de novembro de 1987 Proton K/DM-2 Éxito
Kosmos 2054 27 de decembro de 1987 Proton K/DM-2 Éxito
Luch 1 16 de decembro de 1994 Proton K/DM-2 Éxito
Luch-2 1 11 de outubro de 1995 Proton K/DM-2 Éxito
Luch 5A 11 de decembro de 2011 Proton M Éxito
Luch 5B 2 de novembro de 2012 Proton M Éxito
Luch 5V 28 de abril de 2014 Proton M Éxito

Notas

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 Mark Wade (2020). "Luch" (en inglés). Consultado o 30 de agosto de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Luch (Altair, 11F669)" (en inglés). Consultado o 30 de agosto de 2020. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Luch-2 (Gelios, 14F30)" (en inglés). Consultado o 30 de agosto de 2020. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Luch 5A, 5V" (en inglés). Consultado o 30 de agosto de 2020. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Luch 5B" (en inglés). Consultado o 30 de agosto de 2020. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Gunter Dirk Krebs (2023). Gunter's Space Page, ed. "Luch-Kh/Olimp-K" (en inglés). Consultado o 3 de abril de 2023. 

Véxase tamén

Outros artigos

Kembali kehalaman sebelumnya