Luís Rodríguez Villar, coñecido como Luís da Rogita, nado en Malpica de Bergantiños o 6 de abril de 1908 e finado no mesmo concello o 11 de xuño de 1987,[1] foi un sindicalista galego.
Traxectoria
Membro do Sindicato de Obreros y Profesiones Varias de Malpica da CNT. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu de Malpica con outros republicanos en xuño de 1938 na evasión da motora San Adrián. Cruzou a fronteira desde Audierne e loitou na batalla de Teruel. Fuxiu novamente a Francia e estivo detido no campo de concentración de Argelès-sur-Mer. Continuou a loita contra os nazis até que foi detido cando tentaba cruzar a fronteira suíza. Deportado a Mauthausen, ingresou o 25 de xaneiro de 1941. Logrou sobrevivir e foi liberado o 5 de maio do 1945. Quedou en Francia. Regresou a Malpica en agosto de 1978.
Vida persoal
Casou con Germana Gilquin.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía