Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Lóxica informal

A lóxica informal determina a validez dun razoamento fixándose en cuestións non formais, coma se as premisas son axeitadas ou non, se os datos de partida poden realmente xustificar a conclusión ou se interveñen elementos do contexto que poden alterar a validez do razoamento.

A lóxica informal define as falacias informais, que son aqueles razoamentos non válidos que poden parecelo.

Tipos de falacias informais

  • Falacia ad verecundiam: Un razoamento que defende a conclusión apelando a alguén ou a algo que se considera unha autoridade na materia pero sen dar outras razóns que a xustifiquen.
  • Falacia ad hominem: Pretender rebater o razoamento doutro ou demostrar a falsidade da conclusión á que chegara, desacreditando a quen o defende.
  • Falacia ad populum: Defender unha conclusión sen a xustificar, unicamente apelando aos sentimentos, as emocións ou aos prexuízos do auditorio.
  • Falacia ad ignoratiam: Defender que algo é definitivamente verdadeiro (ou falso) porque non se pode demostrar o contrario.
Kembali kehalaman sebelumnya