no centro do estado, predomina a chamada Mata de Cocais, con bosques palmeiras como o burití,
próximo ó litoral, hai unha rexión de campos naturais,
no litoral, hai mangleirais, dende a foz do río Gurupi ata a foz do río Periá,
finalmente, ó sur do estado, hai vexetación de sabana, que forma o chamado cerrado brasileiro.
Economía
As principais actividades económicas do estado son a industria (destacándose a transformación de aluminio, a alimenticia e a madeireira), a extracción de babasú, a agricultura (principalmente soia, mandioca, arroz e millo) e a gandería. Máis da metade do PIB do estado concéntrase na capital, São Luís.
O turismo ten grande potencial no estado, grazas principalmente ás paisaxes naturais da rexión dos Lençóis Maranhenses, ás construcións históricas da capital, São Luís, e da cidade de Alcántara.