Marcario (Marcarius) foi duque de Friúl desde 776 ata 787. Foi o primeiro duque de Friúl nomeado por Carlomagno logo da rebelión do longobardo Hrodgaud. Probabelmente non era longobardo. Xogou un papel secundario no Cisma dos Tres Capítulos.
Traxectoria
Cando o bispo de Istria, Mauricio, foi arrestado polas autoridades bizantinas e lle sacaron os ollos por unha suposta incitación á poboación para que abandonasen a Bizancio para se someteren ao Imperio Franco, o papa Hadrián recibiuno en Roma antes de o enviar á corte de Marcario en Friúl. Tamén Hadrián enviou unha carta a Carlomagno pedíndolle que enviase a Marcario contra a Istria bizantina para reinstalar a Mauricio na súa sede.
Marcario foi sucedido por Eric, un fiel de Carlomagno.
Véxase tamén
Bibliografía
- Hodgkin, Thomas: Italy and her Invaders. Clarendon Press: 1895.