Marcos Blanco Jorge, nado en Ribadavia en 1970, é un político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria
Estudou Ciencias Políticas, aínda que non rematou a carreira. Exerceu como comerciante. Foi elixido concelleiro do PSdeG-PSOE en Ribadavia nas municipais de 1999. Nas municipais de 2003 encabezou a candidatura socialista e foi elixido alcalde grazas a un pacto de goberno co BNG. Nas municipais de 2007 gañou as eleccións con 6 escanos dos 13 cos que conta a capital do Ribeiro, polo que foi reelixido alcalde e mantivo o goberno de coalición cos nacionalistas, sendo o primeiro rexedor de Ribadavia en revalida-la alcaldía tras unhas eleccións. Nas municipais de 2011 repetiu os mesmos resultados, polo que volveu ser elixido alcalde, pero nesta ocasión non alcanzou un goberno de coalición co BNG e pasou a gobernar en minoría[1]. Non se presentou á reelección nas municipais de 2015[2], sendo substituído como candidato socialista e, finalmente, como alcalde por Ignacio Gómez. Tras 12 anos foi o alcalde que ostentou durante máis tempo o cargo na vila. Nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2016 foi candidato número 4 dos socialistas por Ourense sen resultar elixido.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas