O epíteto específico, quadrifolia, o a forma feminina do nominativo singular do adxectivo do latín científicoquadrifolium, -a, -um, formado polos elementos quadri- e -folia, derivados do latín clásicoquadri-, "catro",[4] e folium, -ii, "folla".[5] Literalmente: "·de catro follas".
Sinónimos
Ademais do protónimo cuñado por Linneo, e actualmente válido, a especie coñceuse tamén polos sinónimos:[6]
Lemma quadriolia (L.) Desr.
Lemma quadrifolia (L.) Des.r. ex Lam.
Marsilea europaea Desv.
Marsilea quadrifolia f. aquatica A.K.H.Braun
Marsilea quadrifolia f. aquatica A.K.H.Braun ex Glück
Marsilea quadrifolia f. natans Glück
Marsilea quadrifolia f. submersa Glück
Marsilea quadrifolia f. terrestris Glück
Marsilea quadrifoliata L.
Marsilea vulgaris Bubani
Pteris quadrifolia (L.) L.
Spheroidia quadrifolia (L.) Dulac
Spheroidia quadrifoliata (L.) Dulac
Zalusianskya marsileoides Neck.
Zalusianskya quadrifolia (L.) O.Kuntze
Características
Marsilea quadrifolia ten un rizoma rastreiro, escasamente pubescente para facerse glabro posteriormenre, con entrenós de até 4,8 cm, ocasonslmente máis curtos; nos nós xorden as raíces. As frondes, de 10 a 18 cm, delgadas, glabras e de cor que varía da verde a amarelada, aparecen illadas sobre un longo pecíolo. Estas frondes lembran a un trevo de catro follas, xa que se divíden en catro folíolos de forma de triangular a ovalada, dispostos nunha roseta. Os frondes flotan na superficie da auga.[7]
Na base do pecíolo fórmanse frondes fértiles modificadas chamadas esporocarpos, de forma ovoide ou elíptica, glabros, de cor de parda a negra, de 2 mm de lonxitude, suavemente coriáceos, convexos nos lados laterais, ás veces persistentes despois da descomposición da fronde, polo que xorden directamente do rizoma.[7]
Teñen soros no revés. A parte superior é grosa e dura. O período de esporulación é de xullo a novembro, e o modo de diseminación é hidrocórica, é dicir, a través da auga.
Hábitat e distribución
Hábitat
Marsilea quadrifolia encóntrase en zonas con invernos suaves. Vive ao bordo de masas de auga estancadas (lagoas, estanques) e en terreos inundados temporalmente.[1]
Nalgúns lugares Marsilia quadrifolia leva máis de 3 000 anos empregándose como alimento. Ademais, dise que esta planta ten propiedades como antiinflamatorio, diurético, depurativo e febrífugo.[9] Tamén se usa para tratar as mordeduras de serpes e os abscesos.
Na actualidade cultívase na China, na rexión de Suzhou, para o seu consumo, cociñándose salteada con allo picado e adornada con salsa de soia.[10] Esta especie tamén é coñecida e consumida en Camboxa.
Cultivo
Para o seu cultivo, esta planta prefire solos lixeiros (areosos e arxilosos). Pode crecer en semisombra (bosques claros) ou sen sombra. Require solos húmidos, e pode medrar en auga.[9]
Marsilea quadrifolia pódese cultivar como planta en testos, só co chan mollado ou semimergullado, coas frondes emerxentes da auga ou completamente mergulladas, ou flotando na superficie da auga.
Nos acuarios, cultívase completamente mergullada. Parece que non ten ningunha preferencia en canto ás condicións de luz e auga, e non precisa un substrato rico.
As marsileas son moi fáciles de xerminar dos seus esporocarpos. Porén, os esporocarpos racharse ou ter un bordo cortado antes de seren mergullalos na auga para que a esta poida penetrar para inchar os tecidos e a xerminación depende da luz infravermella. A luz solar está ben para este propósito.
↑Caroli Linnæi. Species plantarum, exhibentes plantas rite cognitas, ad genera relatas, cum differentiis specificis, nominibus trivialibus, synonymis selectis, locis natalibus, secundum systema sexuale digestas. Tomus II. Holmiæ: Impensis Laurentii Salvii, 1753.
Delectis Flora Reipublicae Popularis Sinicae Agendae Academiae Sinicae Edita, ed.: (2000). "Pteridophyta". Flora Reipublicae Popularis Sinicae.
Newman, M.; Ketphanh, S.; Svengsuksa, B.; Thomas, P.; Sengdala, K.; Lamxay, V. & Amostrong, K. (2007): "A Checklist of the Vascular Plants of Lao PDR". Royal Botanic Garden Edinburgh, Edinburgh.
USDA, ARS, National Genetic Resources Program (2010): "Germplasm Resources Information Network (GRIN). National Germplasm Resources Laboratory, Beltsville, Maryland. USA.