Navegou xunto con Cristovo Colón na súa primeira viaxe ao Novo Mundo, en 1492, como capitán da Pinta. Martín Alonso naceu no seo dunha familia acomodada de mariñeiros. Era o maior dos irmáns Pinzón e arrendatario das carabelas La Niña e La Pinta. Os seus irmáns Vicente Yáñez e Francisco Martín Pinzón foron na primeira viaxe colombina en calidade de capitán e mestre da Niña, respectivamente.