Mary Elizabeth naceu o 1 de novembro de 1907 en Colby, Kansas, única filla de John W. Thomas e de Florence Johnson.[1] A principios de 1909 a súa familia trasladouse a Idaho, cando ela tiña un ano de idade. O seu pai era un gandeiro e banqueiro, que foi nomeado senador dos EEUU por Idaho en dúas ocasións, en 1928 e en 1940.[2]
Na súa etapa de dirección da ceca pública, supervisou o lanzamento de moedas tan senlleiras como o dólar Eisenhower e a serie dedicada ao bicentenario dos EEUU.[4][6][8] Tamén se lle atribúe o mérito de ter recuperado o antigo edificio da Ceca de San Francisco, un dos poucos que sobreviviu ao terremoto de 1906 e que permanecía desocupado e moi deteriorado desde 1937.[6] En 1974, Brooks recibiu o premio I Left My Heart In San Francisco, polos seus esforzos na conservación do edificio.[5]
Brooks casou en 1939 con Arthur Jacob Peavey, con quen tivo un fillo e unha filla; Pavey faleceu nun accidente de caza en 1941.[7] Ao enviuvar e logo do pasamento da súa nai, trasladouse cos seus fillos a Washington, onde o seu pai ocupaba un posto como senador.[8]
En Washington casou en segundas nupcias, en maio de 1945, con C. Wayland Brooks, senador por Illinois.[7] Cando este cesou como senador, a familia marchou a vivir nas proximidades de Chicago, onde el faleceu dun infarto en 1957.[8]
Logo da súa renuncia á dirección da US Mint, Brroks regresou a Idaho para se facer cargo do rancho familiar.[4]
Brooks finou en 2002 en Twin Falls aos 94 anos.[5][8]